
Virxilio
Blanco naceu en Guisande (San Miguel
de Presqueiras) o 24 de novembro de 1896, emigrou a Cuba ós
16 anos, onde traballou nun café e nunha tenda de roupa como cortador.
Neste tempo asisteu a unha escola de debuxo, pintura e arte no Centro
Galego da capital cubana. No ano 1922 realiza nesta mesma institución a
súa primeira exposición, con perto de 25 cadros, dos que algúns xa
foron mercados direitamente polo propio centro. Acadou unha beca de tres
anos para Academia de Belas Artes de Madrid, onde perfeccionou a técnica
e o debuxo, o remate da cal leva a fin unha nova mostra na Habana. Desta
mostra conservanse cadros moi coñecidos entre particulares da nosa
terra. No ano 1924 acadou unha nova beca para estudiar en Paris, onde coñeceu
os grandes mestres da pintura, tanto españois como franceses, entre
eles a Miró, Picasso ou Mattisse. Alí permaneceu hasta o ano 1931 en
que voltou á súa terra e realizou unha exposición en Vigo que
mesturaba paisaxes urbáns de París con outros típicamente rurais de
Galicia.
Establecido
definitivamente en Galicia, aínda que viaxa
de cando en cando a París, Madrid, Barcelona, etc. a súa pintura vaise
facendo máis "intima", máis localista, con maioría de
paisaxes galegos.
Virxilio
Blanco fundou xunto co mestre Xosé Caldera Manzano, unha revista
quincenal, literaria e independente chamada “ALBOREAR”, da que foi
redactor artístico.
Morreu
en Presqueiras o 25 de xuño de 1948, con escasos 52 anos e non foi hasta
o ano 1995 cando lle foi doada por un grupo de amigos unha tapa que hoxe
adorna o seu sepulcro.
Na
imaxen pódese ver o retrato da súa curmá, Dolores Espiña, que se
conserva no museo de Pontevedra.
Pode
ver máis información en www.forcarei.net
onde se resume unha biografía que escribeu o tamén presqueirense José
Raposeiras.