Xosé Otero Espasandín
é, sen lugar a dúbidas o cerdedense máis ilustre do derradeiro século. Naceu
no lugar de Castro do Medio, na freguesía de Sta. Baia do Castro en Decembro do ano
1900. Foi mestre, escultor, científico e escribiu multitude de ensaios. Amigo
de Luís Seoane e de Rafael Dieste, publicou numerosos libros de divulgación
científica e cultural, dos que en Galicia só se publicou "Contos que me
contou Dieste". Sen embargo, nunca se preocupou de recoller os seus poemas
nun volume, e moitos deles fóronse perdendo.
A Guerra civil obrigouno
a exiliarse en Europa e despois en América, e fixo que a súa figura fose descoñecida
pola maioría dos galegos. Foi profesor de humanidades en Maryland (Estados
Unidos), onde morreu o 15 de outubro de 1987.
Prepárase no seu
concello unha homenaxe para conmemorar os cen anos do nacemento, que coordinada
polo investigador Xosé Luís Axeitos, un dos que mellor coñece o seu traballo,
exporá libros, fotografías e obxectos persoais. Tamén se editarán folletos
que dean a coñecer a súa figura e colocarase unha placa na casa que o viu
nacer.