Luciano Manuel Piñeiro
Martínez naceu o 12 de outubro de 1954 nun sanatorio de Santiago aínda
que seu pai, Manuel Piñeiro, era o farmaceutico de Forcarei.
Contaba el
que se sentía marxinado entre os nenos da vila porque falaba castelán,
cousa cando menos curiosa no que sería un dos mellores defensores do cine
en galego. Na casa na que vive, propiedade de Don Manuel Barreiro, fotógrafo
en Forcarei, comenza a interesarse pola imaxen, e xunto ós fillos deste
(Pablo será o seu compañeiro en toda-las pelíclas que dirixe) descubre
a inquedanza por unha cultura da súa terra que logo levará ó cine.
Nos
seus comenzos estudou farmacia en Santiago e acabou a carreira xunto coa
que sería a súa dona, Mariluz Montes, quen lle regalaría a primeira
camara Super-8, e faría xurdir nel a afición polo cine.
No ano
1977 escribeu "Os paxaros morren no aire", o seu primeiro guión
cinematográfico, co que obtería varios premios. Tamen en Super-8 rodou
"Eu, o tolo" e, sempre acompañado por Pablo Barreiro, músico e
tecnico do son, percorren lugares e vilas con un proxector e un
amplificador mostrando a súa obra.
Aínda
rexenta unha farmacia en Vigo durante uns anos, pero o fin deixa a profesión
e dedicase ó cinema rodando curtametraxes como "Esperanza",
"Camiño de estrelas", e, por enriba de todo
"Mamasunción", onde se conta a historia da señora María Rosa,
que cada día, o longo de corenta anos, vai buscar unha carta que nunca
chega. Multitude de premios, dentro e fora de Galicia e de España
convirten a este curtametraxe no basamento do cine galego. Sería a película
escollida para inaugurr as emisións da Televisión de Galicia, que vía a
luz alá polo ano 1985.
A coincidencia con
Xosé Luís Barreiro (Sí, o fillo do señor Manuel, compañeiro de xogos
e mocidade) como vicepresidente da Xunta de Galicia abrelle as porta da
financiación ó primeiro logametraxe galego, "Sempre Xonxa", alá
polo 1988, que conquire un importante éxito en Galicia e en festivales
como Cannes, Montreal e a Habana. Nel cóntase a traxedia da emigración
galega, sempre dentro dunha mistura de humanidade e humor e un recurso
permanente a nomes e paisaxes reales da Terra de Montes.
Como
escritor publicou "Conversas co vento" no ano 1994, que
recopila pasaxes do seu labor como articulista de prensa. Sobre a súa
obra foron, nembargantes, bastantes os libros que se escribiron.
Este
cineasta forcareicense acadou premios tan importantes como o Premio da Crítica
de Galicia, e o das Ciencias e as Artes da representación no ano 1985.
Tamén foi premio honorífico AGAPI (Asociación galega de productoras
independentes) no ano 1986 e a título póstumo, foille concedida a
Medalla de Galicia.

A vida
de Chano apagouse no 22 de marzo do ano 1995, con pouco máis de corenta
anos.
Recentemente
foi proposto pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade
de Vigo á Real Academia Galega para que lle fose dediado o Día das
letras galegas do ano 2006 como recoñecemento pola incorporación da nosa
lingoa ó cine e polos seus moitos escritos, todos eles no noso idioma.