Manuel Canabal
Fiestras naceu na aldea de Nercellas, parroquia de Pereira,
no concello de Forcarei alá polo mes de Santos do
ano 1974. Comenzou a xogar ó fútbol no equipo do seu lugar, o Atl. Forcarei,
cando este militaba na Terceira División Rexional galega. Dende aquí pasou,
como non, ó Pontevedra, que estaba na 2ª B. En 21 partidos xogados marcou 6
goles e foi tentado por equipos da terra tan importantes como o Compostela e o
Deportivo, e tamén polo propio Real Madrid.
Na tempada 95/96 foi
fichado polo Mérida e cedido ó Leganes (2ª División). Xa no Mérida empezou
xogando no filial, para pasar inmediatamente ó primeiro equipo, aínda que só
chegou a disputar uns minutos na Primeira División.
O ano siguinte foi o da súa
consagración como xogador. Na Segunda División disputou co Mérida 35 partidos
e marcou 10 goles, ascendendo co seu equipo á primeira división. As súas
cualidades non pasaron desapercibidas para un adestrador tan coñecido como o
madridista Fabio Capelo, que recomendou a súa fichaxe. O Real Madrid pagou por
el 800 millóns de pesetas, tanto ou máis ca moitas das estrelas do cadro
"Merengue". Antes, xa se interesaran por el o Betis, o Atl. de Madrid
e o Barcelona.
No ano 1997 empezou no
Real Madrid, que despois sería campión de Europa, pero como o seu valedor Capelo
xa non estaba, Canabal sería
cedido ó Real Valladolid no mes de decembro, equipo no que non chegou a xogar
como titular.
A tempada 1998-99 empezou
co titulo da Recopa de España co Real Madrid, e dándolle a este o trofeo
Santiago Bernabeu, cun gol de cabeza, que significou o trunfo por 1-0. Máis
tarde o adestrador Hiddink non contou con el e foi cedido ó Alavés, onde fixo
unha boa tempada, marcando cinco goles antes de mancarse de certa gravidade. No
ano 1999-2000 xogou no Rayo Vallecano, anotando doce goles e converténdose
nunha das pezas básicas na extraordinaria campaña deste equipo.
Na tempada 2000-2001 foi definitivamente traspasado polo Real Madrid ó Málaga, onde se
fixo con un posto de titular desde os primeiros encontros hasta que novamente
unha lesión sacouno do equipo.
No ano 2004, e pese a
outras ofertas moito máis importantes, volta ó Pontevedra C.F. que acaba de
subir a segunda división despois de 27 anos, e convirtese nun dos abandeirados
do novo equipo. Desgraciadamente, si as lexións non deixaron nunca que a súa
carreira chegara onde sen dubida merecía, unha doenza crónica nas costas
acabou con ela definitivamente e o 28 de Marzo do 2005, con só trinta anos,
anunciou a súa retirada nunha emocionante roda de prensa.