|
Trasdomonte
Codesás
Gando
bebendo
O gando bebe na fonte dos Codesás. Esta fonte, aínda que recente,
ten unha curiosa historia. Foi construída no ano 1.963 polos
veciños, para o que solicitaron unha axuda ó concello, axuda que
lles foi concedida. Misteriosamente, os cartos nunca chegaron ó
lugar, no que só se recibeu unha placa con coñecido letreiro
"Esta fuente fue construida siendo alcalde ...".
Os veciños nunca colocaron a placa nin souberon nada dos cartos. No
seu lugar hai un sinxelo letreiro que di "Codesás 1963".
Foto:
Manuel Cerdeira |