A
Maldición do Sangue:
(Recollida
por Rochi na "Guía da Terra de Montes")
Dise que, establecidos os
poboadores dos castros nas Rías Baixas, comenzaron tamén a colonizar terras
cara ó interior. Daquela estábanse a orixinar enfrontamentos entre os
habitantes dos distintos castros, nos que se producían roubos de gando e raptos
de mulleres. Nun determinado momento comenzou a verse que algunhas mulleres ,
despois de parir o seu primeiro fillo sen atrancos, presentaban anomalías no
seu segundo parto, de tal maneira que o fillo morría ou tiña algunha tara física.
Naquel tempo, en que a superstición estaba moi por encima de calquera coñecemento
médico, os poboadores dos castros non deron con unha solución mellor para
acabar coa praga que o desterro das mulleres enmeigadas e dos seus fillos,
aproveitando a ocasión para expulsar os homes máis conflictivos.
O destiño deste grupo de
proscritos foi a Terra dos Montes, onde, segúndo
pensaban, morrerían polas duras condicións da natureza. Pero, a natureza foi máis
comprensiva cos homes e non só non acabou con eles senón que lles deu pesca e
caza abondas, converténdoos nunha próspera comunidade, que máis tarde
descubriría tamén os tesouros das minas de metal que abundan nesta terra dos
montes.
Así, o que nacera como
un desterro, converteuse nunha vida de traballo, illada, pero venturosa e fértil,
de tal maneira que para que non volvesen a ocurrir os mesmos problemas coa súa
descendencia, prohibíronse os emparellamentos con xentes doutras terras. A
lenda dí que cada vez que esto non se respectaba, a maldición volvía e o
segundo fillo nacía con taras ou morría.
Ata aquí é lenda, pero
os coñecementos médicos dinnos que cando unha muller con RH negativo ten
fillos con un home con RH positivo, o primeiro non ten ningún problema, pero o
sangue da nai xera anticorpos dabondo para que se enxendra un segundo fillo,
este sexa rechazado e poida presentar taras. O Caso é que a xente da Terra de
Montes ten unha porcentaxe de RH negativo moi alta, semellente á dos vascos, e
esto significaría que se o emparellamento é entre individuos do mesmo tipo (moi
probable si son da terra) non hai problema, só cando as mulleres se casan fóra,
a maldición do sangue volve.