Na Terra de Montes
existen importantes restos prehistóricos, que poden ser divididos en dous
grupos por pertenceren a culturas ben diferenciadas: a cultura dos Dólmenes
ou Mámoas (Siglos IV ó II a.c.) e a cultura dos Castros, no milenio
posterior. Ambas as dúas teñen representación en calquera dos tres
concellos,
Hai mámoas
sobre todo nas parroquias de Castrelo, Dúas
Igrexas, A Madalena e Aciveiro
en Forcarei, As Ventelas e Os Liñares, en Lebozán,
e Sto Domingo en Xirazga (Beariz). De feito moitos
lugares recordano no seu nome: Campo das Mamoas (Soutelo),
Coto da Mamoa, e outros.
A cultura castrexa e igual de abundante, e da nome hasta a un lugar (Os
Castros) en Quireza, e a unha parroquia (O
Castro) ambolos dous no concello de Cerdedo,
onde se conservan restos de moitos deles, todos sin explotar pero
considerados entre os mellor conservados de Galicia. Tamén hai en Garfian e
Magros (Beariz) e Parada,
Sanguñedo, Loureiro, Muras (Pereira), A grela,
Garellas, A Morteira, e sobre todo o Castro de Montes en Presqueiras
(Forcarei), onde posteriormente se construeu a
forteza que chegaría a ser o centro administrativo da comarca o longo de
moitos séculos. Dende alí, os Xuices-Meriños, gobernaron a bisbarra
hasta a súa desaparición cando tivo lugar a denominada Revolta Irmandiña.

Tamén se conservan
importantes petroglifos e restos de grabados na pedra, sobre todo o longo da
cunca do río Lérez. O campo das Cruces en Santa Mariña
de Presqueiras es un bo exemplo, pero tamén hai na parroquia de Parada,
onde se observan figuras de cervos, ou en Folgoso.
Posteriormente, Os
romanos deixaronnos restos de minería en Millerada e Dúas Igrexas, pero
sobre todo as súas pontes en Pedre, Parada e Ricobanca (Beariz), e
vestixios de vías en Meavía e Cerdedo.