Un
conflicto máis polo monte
Os
veciños da parroquia de Zobra, no Concello de Lalín, vén reclamando
desde hai perto de oito anos unha extensión de arredor de 310 hectareas
de monte que neste momento pertenece á parroquia da Madalena (Forcarei),
en concreto ós lugares de Trasdomonte. Baséan a súa reivindicación nun
papel no que parecen fixarse estes lindes, (eu non tiven ocasión de
le-lo) e que data do ano 1835, cando ocurreu en España a desamortización
de Mendizabal que desafecta as terras dos mosteiros e rompe a ordenación
territorial da comarca de Terra de Montes a que pertenecía a maior parte
de Zobra.
Debe
terse especialmente en conta a data deste documento e a situación da
bisbarra naqueles tempos, xusto no momento en que desaparece a xurisdición
eclesiastica e os concellos de Duas Igrexas e Soutelo-Pardesoa dan lugar
ó actual de Forcarei, pasando Zobra a depender de Lalín e Bearíz á
provincia de Ourense.
Son
tempos en que España vivía a rexencia de María Cristina, nai da que
seria raiña Isable II, quen solo contaba con cinco anos de edade. Tempos
en que a maioría das colonias de América, exceptuando Cuba, acaban de
independizarse e as guerras carlistas, pouco seguidas en Montes, estaban
no máximo apogeo.
Posteriormente
a esta partición (na que, por certo, se cita como un dos puntos do linde
o “Muiño da graña”, que corresponde según os de Zobra ó situado
perto do encoro do que foi a central hidroeléctrica e según os de
Trasdomonte no río Grovas, cerca do Ameixedo, que sí corresponde con un
dos puntos do linde actual) conservanse outros dous documentos que
describen o linde entre os dous concellos, un datado no ano 1875 e outro
do ano 1945.
O
primeiro deles fixa os lindes máis próximos ós lugares de Portomartiño
e A Trigueira (Zobra) mentras que o segundo, que é o actualmente
aceptado, marca uns puntos entre medias dos dous anteriores.
Estes
datos explican que non se trata só de un problema sobre a propiedade do
monte entre lugares, senón de lindes entre concellos, que debe resolverse
entre os concellos e non entre os veciños dos lugares.
O
conflicto actual comenzou a mediados dos anos noventa cando a sociedade de
cazadores de Zobra pretendía acoutar para a caza esta parcela de monte. A
petición dos veciños de Trasdomonte chegou a intervenir o Tribunal
provincial de Montes en man común, que fallou ó seu favor, dando por
probado que o monte pertenecía á parroquia da Madalena, por história e
porque todolos camiños existentes dirixense caria os lugares de
Trasdomonte, o que claramente indica quen realizaba a explotación. Así
mismo estimábase que varias minas de estaño explotadas nos anos da
posguerra pagaban os seus impostos neste concello. Este fallo non foi
recurrido polos veciños de Zobra.
Coa
aparición dos parque eólicos, a titularidade do monte cobra un interese
especial, xa que non son os concellos senón os lugares, e polo tanto os
veciños os que cobran pola cesión dos terreos para xeneradores e liñas.
Por este concepto a parroquia de Zobra recibe cartos dabondo ó permitir
nos seus terreos o Parque do Testeiro. O reparto destes cartos xa probocou
outros conflictos semellantes cos concellos veciños (Irixo e Boborás) e
entre os propios habitantes da parroquia, que non eran capaces de
determinar quen era veciño e quen non, dado que, como é habitual nesta
terra, hai emigrantes a rodo con casa no lugar pero que non están nunca
nel.
A
percura dos cartos e a intervención de xente que aínda que teña aquí
as súas raices, non é xente do campo, xente que se considera máis culta
porque ten máis cartos, ou porque ten estudios, ou sinxelamente, porque
leron un libro aínda que lle falten moitos outros por ler, están levando
ó absurdo este conflicto, onde despois de tres sentencias en contra, os
veciños de Zobra afirman que pensan seguir recurrindo calquer sentencia
que non lles sexa favorable.
Nos
derradeiros meses algún veciños de Zobra trataron de recoller firmas
alomenos nos lugares de Portomartiño e O Ameixedo (os dous máis próximos
á Forcarei) nas que se afirmaba que eles tiñan levado as vacas a pastar
ó monte en litixio. Nestes lugares non quixeron firmar porque, aparte de
saber que non é verdade o que se afirma, nunca tiveron ningún problema
de convivencia cos veciños de Trasdomonte e non son eles os promotores do
conflicto.
Recentemente,
a petición dos veciños de Zobra, tivo lugar unha reunión no propio
monte á que asistiron perto de cincoenta veciños desta parroquia, un
representante do Concello de Lalín, dous veciños de Trasdomonte e dous
representantes do Concello de Forcarei. Na reunión, por suposto, non se
chegou a ningún acordo pero púxose de manifesto que o Concello de Lalín
non ten moito interese en participar nestas guerras, consciente quezais do
seu orixen, pero tampouco aclarar definitivamente ós veciños o seu erro,
porque esto faría perder votos á corporación gobernante. O de Forcarei
é máis belixerante dado que afecta ós seus lindes actuais, e desde que
era alcalde o Sr. Brea Porto ou nestes intres, con David Raposeiras sempre
se persoaron nas reunións e axudaron ós veciños de Trasdomonte no que
puderon.
¿Cal
é o problema o noso entender? O mesmo que cando un rico vai ó pleito con
un pobre. Aínda que o pobre teña razón, acaba cansandose de pelexar con
alguén a que os cartos non lle importan demasiado. Neste caso, nos
lugares de Trasdomonte quedan uns cantos vellos que son os que coñecen a
historia e as costumes. Os demáis, uns estamos fora e outros mostran
pouco interese pola súa terra. Si os vellos faltan ou se cansan pode
pasar que os que tratemos de defendernos neste conflicto sexamos tamén
como os que falamos antes, que temos lido un libro pero faltanos outros
moitos por ler, coñecemos a realidade pero faltanos a historia e,
desgraciadamente, a nosa terra vive moito da historia.
M. C.