GAMESA ou a UNIÓN PACIFIC
Dun tempo a esta parte, cada vez que vou pola
miña terra, oio falar máis das barbaridades que están a cometer na construcción
dos "Parques eólicos".
A historia comenza cando a Unión Europea
decide conceder axudas para sustituir as fontes tradicionais de enerxía por
outras chamadas "renovables".
De toda a vida, os ecoloxistas foron
partidarios desta medida, sin coñecer en moitos casos cales podían ser os
resultados deste cambio, polo que as medidas da UE foron dadas por boas sin
discusión algunha, e a Xunta de Galicia empezou a conceder permisos para a
instalación de xeneradores.
Apareceu GAMESA, importante empresa vasca de
aeronautica que se dedica a instalar estes parques, polos en funcionamento,
cobrar as subencións correspondentes, e venderllos en moi bo prezo ás
electricas tradicionais. O negocio é redondo, as institucións apoian a
instalación, os concellos tamén posto que reciben unha renta, e se non é así,
vense enfrontados coa Xunta, da que dependen económica e políticamente para
moitas das súas actividades. So aparecía un pequeno inconveniente: os montes
non son en Galicia propiedade dos concellos senón de cada un dos pobos, aldeas
e lugares que os forman, e en algúns casos corresponden ás parroquias ou a
agrupacións de lugares. GAMESA debe porse dacordo, polo tanto, con cada un
destes propietarios para instalar as máquinas e pasar as liñas que as xunguen.
Nos comenzos todo marcha ben, os labregos
reciben unha cantidade fixa por paso da liña e unha renta polos xeneradores,
pero empezan a darse conta de que estas cantidades son ridículas en comparación
co negocio que se "ventila", aparte de ver como as serras do seu
arredor vanse cubrindo de "muiños de vento" e o que é peor, de
postes de aceiro de perto de corenta metros de alto e de camiños que rematan
neles. Empezan a asociarse en "Comunidades de Montes" e a presionar
para que non se instalen os xeneradores, para que as liñas sean subterraneas ou
simplemente para obter un prezo maior, entonces é cando aparecen as maneiras
casi mafiosas que emplean as grandes empresas para tratar cos pequenos
propietarios. Empezan ameazando con expropiacións, ponse a traballar sin ningún
tipo de permiso dos propietarios coa seguridade de que ninguén lles vai parar
as obras, buscan presións políticas que dividan as comunidades, si chegan a un
acordo con estas, á hora da súa sinatura aparecen clausulas que non existían,
acordanse modificacións e non se respetan, de tal forma que cando os labregos
se dan conta xa están as obras rematadas, fan centos de camiños para os que
ninguén os autorizou, e por último, expropian nunha parte e levantan os postes
na que lle ven mellor a eles. Si alguén tenta adiviñar a intención seguida no
trazado dunha liña, só se lle ocurre unha cousa: querense ocupar certos
espacios para impedir que outras empresas poidan levar a cabo instalacións
semellantes, e para eso faise que todo-los trazados pasen polos lugares máis
altos (susceptibles de instalar futuros aeroxeneradores) aínda que teñamos que
dar unha boa volta, deixando así as serras cheas de postes en cada cúmio, onde
máis se ven.
Resumindo, que a situación parécese cada vez
máis á que vemos nas peliculas do Oeste, cando se construía o ferrocarril.
Pouco importa o que pase si a compañía ten beneficios. Eso sí, están
conseguindo unha cousa que parecía imposible: xuntar os labregos galegos e
asocialos. O que máis temo é que cando teñan a forza suficiente para impedilo,
a nosa paisaxe non teña ningún remedio.