Neste recuncho queremos adicarlle un homaxe os
canteiros, os mismos que lle dan a bisbarra o seu segundo nome "Terra
de Canteiros", e que mantén tanta presenza en todo o que rodea esta
terra. Pero ... ¿Como facer esto?.
Non atopei mellor maneira ca tentar recoller a
maior cantidade que poida das verbas da súa propia lingoa, o verbo
ou lacre dos arginas,(Latín dos Canteiros) hasta facer un
pequeno manual que recorde algo que cada vegada está mais esquecido.
Amáis dos canteiros, está será tamén a páxina
do meu pai, pois él e non eu é quen pode facer esta laboura. É verdade
que, según di, o verbo nunca foi único, que en cada lugar dabanlle
distintos nomes as cousas, os que iban caria a Coruña falaban-no de xeito
distinto dos que iban po Bierzo, pero aquí non se trata de fundar a Real
academia dos Arxinas senón de recoller verbas que recorden que un día foi
moi utilizado en todo Galicia.
Nembargantes, quizais o da Real Academia non fora
tan mala idea porque o Verbo dos Arxinas ten moita literatura
detrás. Non só os recentes Filgueira Valverde ou o cronista de Montes,
Antonio Rodriguez Fraiz escribiron sobre el e recolleron hasta cinco mil verbas,
senón que xa alá polo 1919, Julio Ballesteros Curiel, tamén chamado
O`Juliel Becuri, a quén Sanchez Dragó describe como "erudito e
sensato filósofo de provincia", escribeu "Verbo dos Arginas.
Jerga-latín de los canteros", onde aparte do vocabulario que
recolle, describe a súa orixen como a lingua duns dos primeiros poboadores
de Galicia, os Vasco-Ibéricos, o que explicaría a importante cantidade de
verbas de orixen euscaro. Despois da desaparición pola perda de influencia
destes poboadores, a lingoa foi recollida por unha sociedade secreta de
canteiros que a fixo chegar ó Brasil, Portugal, Asturias, etc.
O verbo era falado a primeiros do século por uns
20.000 canteiros só en Galicia, e foi mantido moi en secredo hasta a
práctica desaparición dos canteiros caria o fin do pasado século. Nestes
intres, só algúns vellos son capaces de fala-lo.
A realidade é que cada gremio tivo unha lingua
propia, pero poucos comparten tanto tempo no traballo coma o canteiro. O
ferreiro traballa soio, o cereiro tamén, e no campo fálase máis ben pouco
e dunha forma ceibe, pero os canteiros, e aquí incluense todos os
traballadores da construcción, compartían toda a xornada e tiñan un patrón
de quen gardarse.
O número de vocablos é escaso non só por
descoñecemento senón porque debemos ter en conta que esta é unha lingua
baseada na sintaxis do galego e soio existen nomes, verbos, adxetivos etc.
As conxuncions, artigos etc, etc. son as do galego. Julio Ballesteros
recollía 414, aínda que Figueira Valverde ou Victor Luís Quibén afirman
que son máis de 5.000, a
maioría corresponden a diferentes variacións para bisbarras diferentes.
Pequeno
diccionario dos Arginas