"Xente ao
Lonxe"
é unha idea que xorde a raíz da importante cantidade de emigrantes que
escriben a estas páxinas buscando alguén que lles poida dar información
acerca dos seus devanceiros. Son xentes que xa non naceron aquí, pero oíron
contar ás súas avoas como era a Terra de Montes, e saben que nela ficou boa
parte da súa xente. Hoxe queren saber qué foi dos seus e, se cadra, volver
velos.
Con esta intención
iremos poñendo aquí todos os correos que vaian chegando con este fin, e o seu
enderezo electrónico se o acompañan. O que pense que coñece a algúns deses
familiares ou teña a información que se solicita, pódelle escribir
directamente ó solicitante; se non trataremos de xuntalos
"virtualmente" a través destas páxinas.
Preme no botón "Correo"
para ler as cartas que foron recibidas ata hoxe. Para darlles unha resposta,
preme no enderezo de cada unha.
Engadimos tamén unha
ligazón coa Asociación Cultural FILLOS DE
GALICIA, dedicada precisamente á localización de emigrantes. Si alguén
quere porse en contacto con eles pode facelo desde aquí ou desde o apartado de
"Ligazóns de Interese"