8-Xuño-2008.
A
Madalena (Forcarei) acollerá o vindeiro fin de semán no seu circuito
de velocidade o campionato galego de motos, para o que xa están
inscritos 89 pilotos. (A Voz
de Galicia)
|
28-Xuño-2008.
O
Concello de Forcarei aprobou onte no pleno unha modificación do regulamento
municipal de honras e distincións para dar amparo oficial á concesión
das medallas do Gaiteiro de Soutelo. Cada edición da Festa do
Gaiteiro concédense cinco, pero a título simbólico, xa que a sá
imposición non estaba regulada. Segundo
regulamento, a medalla entregarase «a personas físicas ou xurídicas,
institucións ou entidades públicas ou privadas que contribúan á
promoción e potenciación da música tradicional galega e
concretamente ó mundo da gaita». A
medalla oficial será bifaz, circular e terá o escudo municipal nunha
das súas caras e a figura de Avelino Cachafeiro tomada dun dibuxo de
Castelao polo outro. (A Voz de Galicia)
|