19-Xuño-2007.
Balseiros, Alcalde de Cerdedo, quere
que a autovía Santiago-AEstrada non pare aquí, senón que chegue
hasta xuntarse coa solicitada vía de alta capacidade entre Ourense e
Pontevedra na Terra de Montes. Esta comunicación, xunto coa que
exista con Lalín e Lugo deixarían esta comarca nunha mellor
posición para o seu desenrolo industrial e fomentaría a
implantación de empresas no territorio. Así mesmo quere fomentar a
"excelecia turística" da zona coa presencia de un hotel e
un campo de golf, e de promover os novos "macropolígonos"
industriales. (Faro de Vigo)
|
30-Xuño-2007.
A Rapa das Bestas conqueriu por fin
o distintivo de "Festa de interés trrístico internacional"
polo que viña loitando. A Festa comenzará o vindeiro venres coa
inauguración das exposicións "A Rapa das Besta, O sentir de
Sabucedo" e "O mestre de Sabucedo", para continuar co
festival musical "Sons da Rapa". O sábado haberá curro
pola tarde e o domingo mañán e tarde. O lunes rematará a festa.
(Faro de Vigo)
|
17-Xuño-2007.
Toman posesión do seu cargo os tres
alcaldes da Terra de Montes. Os tres repiten con maioría absoluta,
tanta que en Beariz chega á unanimidade e en Cerdedo tamén, porque o
único representante do PSOE dou o seu apoio a Balseiros. En Forcarei,
Raposeiras baixou os apoios recibidos na anterior lexislatura pero,
aínda así, conta con unha amplia maioría. (Faro de
Vigo)
|
19-Xuño-2007.
José Balseiros, alcalde de Cerdedo,
foi elexido por unanimidade entre os concelleiros do PP de Tabeirós-Terra
de Montes como novo Diputado provincial pola comarca. No seu primeiro
día falou de dedicar a lexislatura a "relanzar o protagonismo da
comarca" e da importancia de que os tres concellos vaian da man
en todolos proxectos que lles afecten. (Faro de Vigo)
|
05-Xuño-2007.
Un tribunal do Ministerio de
Industria, Comercio e Turismo anda evaluando o "Interese
internacional" da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo. A
Asociación representativa da festa presentou 15 reportaxes
periodísticos extranxeiros para argumentar a declaración solicitada.
Por outra banda, descartase que este ano existan problemas co número
de cabalos para a festa debido ós incendios do ano pasado. Pola
contra, foron localizadas bastantes crías e cabalos adultos no
"Monte de Arriba", cos que non se contaba. (Faro de
Vigo)
|
05-Xuño-2007.
Alejandro Gomez, elexido concelleiro
polo PP de Forcarei, non tomará posesión do seu cargo para dedicarse
de cheo ó seu labor como diputado autonómico. O político, natural
de Soutelo, forma parte de comisións tan importantes como a de
Organización ou Infraestructuras. (Faro de Vigo)
|