27-Xuño-2005.
A Asociación Amigos da Terra de Montes
rendirá un homenaxe ó que foi alcalde de Cerdedo Xosé Luis Jorge
Caramés e a Manuel Diz Ramos, escritor e investigador da comarca. A
reunión será en Beariz i día 8 de agosto e contará con unha
conferencia de Carlos Loureiro dedicada ós escritores da Terra de
Montes. (A Voz de Galicia)
|
27-Xuño-2005.
A primeiro de mes matouse outro piloto
da base aérea de Doade (Beariz) cando estaba apagando nun lume na
bisbarra. Terá un homenaxe por parte do concello de Beariz. a son
dous os piloltos que morreron nesta base en menos dun ano. (A
Voz de Galicia)
|
17-Xuño-2005.
Soutelo terá un novo pabellón
multiusos con audotorio e unha sala de exposicións. O Concello xa ten
apoio de varios consellerías da Xunta e aínda faltan outras fontes
por confirmalo. (A Voz de Galicia)
|
20-Xuño-2005.
Resultado das
eleccións galegas na Terra de Montes:
Municipio
P. P.
P.S.O.E.
B.N.G.
Forcarei
1.724 (61,8%) 703 (25,2%)
344 (12,3%)
Cerdedo
693 (57,4%) 368 (30,5%)
138 (11,4%)
Beariz
756 (88,6%) 57
(6,7%) 39 (4,6%)
(A Voz de Galicia)
|
13-Xuño-2005.
O campamento de Pontemaril (Forcarei)
esteará as súas novas instalacións caria o fin deste mes con un
campamento de natureza só para rapaces deste concello. Este
campamento conta desde este ano con habitacións fixas que permitirán
o seu uso como albergue no inverno. Estas instalacións están
consideradas como unhas das mellores deste tipo en toda europa.
(A Voz de Galicia)
|
16-Xuño-2005.
O sector audiovisual galego, en unha forte
expansión nos derradeiros anos, propón a Chano
Piñeiro para a celebración do Día das letras galegas do ano
2006 como recoñecemento pola incorporación da nosa lingoa ó cine.
Para ser recoñecido pola Real academia galega terá que competir con
outros escritores galegos moi importantes como Carballo Calero ou Paz
Andrade. (A Voz de Galicia)
|
9-Xuño-2005.
As axudas europeas para a bisbarra,
recollidas no Plan Leader Montes xa están esgotadas e os empresarios
que as solicitan pasan a unha lista de espera, que só tería validez
si un dos que as ten obtido renuncia a elas ou se ten un informe
desfavorable das autoridades. (A Voz de Galicia)
|
9-Xuño-2005.
A Trigueira (Zobra) terá catro apartamentos
destiñados ó turismo no que foi a chamada "Casa das
minas". Tamén se ten pedido unha subvención para construir un
área recreativa perto do río. (A Voz de Galicia)
|
8-Xuño-2005.
Forcarei aprobou a mellora da rede de
saneamento de Cachafeiro, que permitirá recoller todas as augas das
casas e levalas á deouradora, que tamén será mellorada. (A
Voz de Galicia)
|
9-Xuño-2005.
O "Museo da Rapa das Bestas" que se
está construíndo na retoral de Sabucedo non poderá abrirse para a
festa deste ano xa que aínda lle quedan algunhas melloras por facer
no edificio. (A Voz de Galicia)
|
1-Xuño-2005.
O presidente da Diputación de Pontevedra,
Rafael Louzán, visitou a Terra de Montes e está estudando a
posibilidade de que esta institución participe na creación do novo
polígono industrial entre Cerdedo e Forcarei, perto do actual de
Vilapouca. Este polígono, polas súas dimensións e situción
podería dinamizar a industria destes concellos dun xeito
definitivo. (A Voz de Galicia)
|
1-Xuño-2005.
O retábulo do convento de Aciveiro será
restaurado mediante unha dotación que fai a Xunta de Galicia que se
achega ós 48.000 euros. Tamén serán restaurados os retábulos das
igrexas de Santa María de Folgoso
e Sto. Tomé de Quireza (Cerdedo).
(A Voz de Galicia)
|