|
22-Xuño-2004.
O Concello de Cerdedo selecciona hoxe os 35
traballadores para o seu obradoiro de emprego. Hai tres opcións:
cateiría, construcción e forestal. Tamén acaba de licitarse as
obras de instalación do Punto Limpo, que contará con un orzamento
de 164.000 euros e un prazo de execución de tres meses. (A
Voz de Galicia)
|
|
|
19-Xuño-2004.
"Verbo Xido" organiza varios
actos en Cerdedo para recordar ós republicanos represaliados
durante a gerra civil. Presentarase un libro de Dionisio Pereira
sobre Xosé Otero Espasandín, poeta nado na parroquia de
Castro. (A Voz de Galicia)
|
20-Xuño-2004.
Inaugúrase por fin a mellora do acceso a
Forcarei desde a estrada de Silleda. Será o vindeiro martes e
estará presente o presidente da Diputación Provincial de
Pontevedra, o Sr. Louzán. (A Voz de Galicia)
|
|
18-Xuño-2004.
Cada día é máis escasa a información
que os diarios galegos ofrecen sobre o Concello de Beariz.
Está enmarcado na comarca de O Carballiño pero poucos diarios ten
alí corresponsal e semple entra dentro da información de Ourense.
A Voz de Galicia sigue mantendo corresponsales en A Estrada e Lalín
e desde alí cobren a información de Forcarei
e Cerdedo. O Faro de Vigo ten bastante
abandoada a bisbarra desde que hai dous anos cambiaron o seu
corresponsal. (M. C.)
|
19-Xuño-2004.
Cachafeiro (Forcarei) celebra por terceiro
ano consecutivo a romaría da Virxen dos Remedios na carballeira da
Freixeira. Esta festa, de recente instauración, contará con postos
de polvo e churrascada para todos pola noite. (A Voz de
Galicia)
|
|
14-Xuño-2004.
Resultado
das eleccións ó Parlamento Europeo na Terra de Montes:
Municipio
P. P.
P.S.O.E.
B.N.G.
E. U.
Forcarei
1.417 (64,8%) 574 (26,2%)
154 (7,0%) 9 (0,41%)
Cerdedo
430 (49,9%) 322 (37,4%)
82 (9,5%) 9 (1,05%)
Beariz
754 (92,4%) 42
(5,2%) 12 (1,5%)
3 (0,4%)
(El Mundo) |
15-Xuño-2004.
Hasta doce axencias turísticas alemanas
mandarán representantes á "Rapa das
Bestas" para ver si poden incluir esta festa nos seus
destiños turísticos. Tamén desde Caravaca (Murcia) chega unha
escursión con ánimo de aprender. A rapa celébrase este ano entre
os días un e catro de Xullo (A Voz de Galicia)
|
|
12-Xuño-2004.
A Diputación Provincial destiñará
190.000 euros á mellora da estrada entre Forcarei e Folgoso
(Cerdedo). Esta estrada xa está en obras noutros tramos posto que
comunica á Terra de Montes con Silleda e Lalín e as do seu arredor
xa foron melloradas recentemente. (A Voz de Galicia)
|
13-Xuño-2004.
Cerdedo recuperou
onte a romaría de San Antón, no conxunto histórico que leva o seu
nome. Foi unha festa con misa na ermida e festa na veira do río con
churrasco, carne ó caldeiro, polvo e música de gaitas. (A Voz de Galicia)
|
|
8-Xuño-2004.
A Xunta saca a concurso a renovación da
rede de augas de Soutelo por un importe de 211.000 euros. Os
traballos inclúen un novo depósito e as tuberías principais que
aínda son de uralita. O Concello terá que pagar as secundarias e
outras melloras por un valor de 20.000 euros.
(A Voz de Galicia)
|
10-Xuño-2004.
O Concello de Forcarei
saca a concurso catorce prazas de operarios para as brigadas de
incendios na campaña deste vran. Tamén se quere cubrir a praza de
Policía Local que queda libre por xuvilación. (A Voz de Galicia)
|
|
4-Xuño-2004.
Os concellos da bisbarra tiñan previsto
moitas inauguracións para esta campaña electoral pero decidiron
atrasalas polas acusacións de electoralismo feitas pola oposición.
Este é o caso do vial entre Forcarei e a estrada de Silleda, a rúa
J e o Punto Limpo, previstas en Forcarei coa presencia de
conselleiros da Xunta. (A Voz de
Galicia)
|
4-Xuño-2004.
O Concello de Cerdedo ten medo que non se
sustituia ó medico que se xuvila no seu ambulatorio xa que o
número de habitantes baixa do establecido para ter dous. Estase a
estudar a incorporación á este centro de parroquias de Cotobade
(Caroi) ou A Estrada (Sabucedo) ás cales lle queda moito máis
cerca esta poboación cas que tén asinadas. (A Voz de Galicia)
|