|
20-Xuño-2003.
O vindeiro venres
catro de Xullo arranca a Rapa das Bestas co pregón, que este ano
terá como protagonista a Sergio Pazos, coñecido polo programa de
Telecinco "Caiga Quién Caiga", e posteriormente terá lugar un
certame folk no Campo do medio. O albergue cheo dende hai dous
meses, os veciños dispostos para localizar hasta 900 cabalos e todo
a punto para o maior xuntoiro de xente de toda a Terra de Montes. (A
Voz de Galicia)
|
23-Xuño-2003.
Dous veciños da
parroquia forcareicense de Pereira
queixanse das "inxustizas e abusos" da Concentración Parcelaria
levada a cabo na parroquia e culpan o alcalde de favorecer a súa
familia no reparto. Raposeiras contestou que calquera pode comprobar
que a súa familia non resultou precisamente moi favorecida, e que el
só se sinte culpable de impulsar unha concentración apoiada pola
casi totalidade dos afectados. (A Voz de Galicia)
|
|
19-Xuño-2003.
Celébrase en
Forcarei a "Semana de Portugal" con un cartel cheo de música,
cultura e deportes a desenrolar entre Forcarei e Soutelo. Partidos
de futbol con equipos e seleccións do país veciño, bandas de música,
e unha exposición de artistas plásticos serán os pratos fortes desta
semán de hirmanamento. (A Voz de Galicia)
|
20-Xuño-2003.
Finalmente será
Ramón Campos, alcalde da Estrada, o diputado provincial da bisbarra
aínda que lle correspondería a Cerdedo polo acordo de rotación
establecido hai anos. A pasada lexislatura este cargo estaba ocupado
por David Raposeiras, alcalde de Forcarei (A Voz de Galicia)
|
|
17-Xuño-2003.
Tres millóns de
Euros investirá a xunta na mellora da estrada entre Forcarei e
Soutelo, máis concretamente no tramo entre Cachafeiro e Vilapouca.
Esta obra rematará a conexión entre A Estrada, Forcarei, Soutelo e
Lalín. (A Voz de Galicia)
|
18-Xuño-2003.
Soutelo busca
voluntarios para organizar as súas festas. Mari Carmen García
Sanmartín, que levou a cabo o ano pasado esta tarefa, di, e con
razón, que ela colabora pero que fai falta alguén que axude. (A Voz
de Galicia)
|
|
16-Xuño-2003.
Uns 230.000 euros,
aportados polo concello e pola Xunta de Galicia, investiranse na
reforma da praza de Aciveiro. Rebaixarase o seu nivel e
reservarase un espaciom para aparcamentos (A Voz de Galicia)
|
17-Xuño-2003.
Os chiringuitos da
festa da Rapa tenrán que aportar unha fianza que lles será devolta
si deixan o recinto limpo e coidado. É unha especie de "Ecotasa"
para evitar os desperfeitos na carballeira e o recinto. (A Voz de
Galicia)
|
|
16-Xuño-2003.
O Ministerio de
Fomento anunciou que pensa estudiar o trazado do AVE entre Ourense e
Vigo por Cerdedo, como recomendan moitas institucións. Este trazado
non aportaría nada novo a nosa terra porque non parece probable que
se construíra unha estación, e menos que parara o tren. (A
Voz de Galicia)
|
16-Xuño-2003.
Francisco Rozados "Rochi"
presentou o seu primeiro libro de relatos titulado "Memoria de
Trasdomonte" editado por Edicións Fervenza. O libro, que se
desenrola nunha terra ben coñecida aínda que imaxinaria, é un
retrato da Terra de Montes através das súas xentes (A Voz de
Galicia)
|
|
16-Xuño-2003.
A Asociación "Rapa
das Bestas" venderá anticipadamente entradas para entrar ó curro nas
vindeiras festas, reservando só un dez por cen delas para ese día. O
Concello da Estrada vai asfaltar os accesos ó albergue e ó Campo do
Medio, e Telefónica instalará equipos capaces de dar saída ás
conexións vía satelite das televisións e outros medios de
comunicación (A Vos de Galicia)
|
16-Xuño-2003.
Boas intencións as que se manifestaron na
constitución dos concellos en Forcarei e Cerdedo. Tanto gobernos (PP)
como oposición (BNG e PSOE) fixeron promesa de esquecerse de
partidismos e loitar polo ben dos seus concellos. (A Voz de
Galicia)
|
|
13-Xuño-2003.
Alejandro Gómez, edil de Forcarei polo PP,
partido no que este hasta fai pouco presidente das Novas Xeneracións
en Galicia, pasará a ser diputado no Parlamento Galego sustituindo a
María Ramallo. (A Voz de
Galicia)
|
14-Xuño-2003.
A Xunta de Galicia vallará parte do vial
entre A Estrada e Forcarei, tal e como reclama a Asociación Rapa das
Bestas, para evitar sinistros entre os cabalos e os coches que
viaxan pola estrada. (Faro de Vigo)
|
11-Xuño-2003.
Caixanova renova o seu apoio económico ó
CETMO. Con esta aportación e a da Asociación Cultural "Verbo Xido",
este centro senlleiro da bisbarra pode permanecer aberto e tentar
conquerir a calificación de "Colección visitable", para o que lle
son imprescindibles algunhas reformas no local. (A Voz de
Galicia)
|
11-Xuño-2003.
Onte Morreu no Cachafeiro un xoven de vinte
anos ó chocar a súa furgoneta contra un camión. No Accidente tamén se
veu implicado un veciño de Forcarei. (A Voz de Galicia)
|