28-Xuño-2002.
O alcalde de
Forcarei, David Raposeiras, quere que o campamento de Pontemaril
esté aberto to o ano, e non só no tempo do vrán, o que permitiría
aporveitar as instalacións para eventos organizados polo concello, a
Xunta ou calquer outro organismo. (A Voz de Galicia)
|
30-Xuño-2002.
Un 25% dos
habitantes da comarca de Tabeirós-Terra de Montes pasa dos 65 anos.
Pero, o que é aínda máis importante, en Cerdedo este número é do 34%
e en Forcarei do 30%, cando a media da provincia é só dun 13 por
cento. (Faro de Vigo)
|
26-Xuño-2002.
Unha
productora de TV danesa rodará un documental sobre a "Rapa das
bestas" en Sabucedo os vindeiros días 5, 6 e 7 de Xullo, en que se
celebra este evento. (Faro de Vigo)
|
25-Xuño-2002.
Francisco
Rozados "Rochi" será no novo xerente do plan "Leader
Plus Montes" que comenza a andar a partir do 1 de xullo. O plan
está integrado polos concellos de A Estrada, Forcarei, Cerdedo,
Beariz, A Lama, Cotovade e Campo Lameiro e os promotores terán
hasta un ano e medio para o desenrolo de cada proxecto, unha vez que
este sexa aprobado pola Axencia Galega de desenvolvemento
rural. (Faro de Vigo).
|
21-Xuño-2002.
Só na
parroquia de San Martiño de Figueroa
contabilízanse 59 muiños de auga segundo un estudio de "Simal
Figueroa", seudónimo dun mestre de Cerdedo. (A Voz de
Galicia)
|
19-Xuño-2002.
O Concello de
Forcarei comenza as obras de acondicionamento da Casa da Cultura.
nela traballa a cooperativa textil Textilfor, ensaia o banda de
música da asociación Flor de Toxo, está a Biblioteca Municipal e
son impartidos os cursos de formación acupacional da Consellería
de Familia. (A Voz de Galicia)
|
19-Xuño-2002.
O Concurso de
carteis para a Festa do Cogumelo serán entregados
hoxe en Soutelo. neste concurso participaron nenos dos colexios de
Soutelo, Forcarei e Cerdedo. (A Voz de Galicia)
|
13-Xuño-2002.
A Festa
do gaiteiro de Soutelo que contar
este ano coa actuación dun artista ou grupo de importancia e bater
todo-los recods de asistencia, tanto en participantes coma en
público. Para eso adiantase a promoción e buscarase convertela
nunha referencia de música folk en Galicia. (A Voz de
Galicia)
|
12-Xuño-2002.
Os veciños
de Pardesoa piden unha solución para a
invasión de porcos bravos que acaba coas colleitas. O xabarín
levanta leiras enteiras de pataxas ou millo en pouco tempo e non hai
máis arranxo que sementar de novo. As batidas controladas parecen a
única solución para rebaixar a poboación deste animal. (A voz de
Galicia)
|
4-Xuño-2002.
O Concello de
Forcarei vai sacar a concurso a segunda fase de acondicionamento do
polígono de Vilapouca. O presuposto é de 134.404 € e o prazo de
execución será de só dous meses. (Faro de Vigo)
|