30-Xullo-2008.
Cerdedo despede hoxe as suas festas do Ecce Homo. Haberá pasarrúas pola mañá, coa banda de música de
Muimenta. Ás 12.30 comezará a misa cantada polo coro de Cerdedo, seguída de procisión. Ás 18.30 iniciará-se o concerto desta banda. Non faltará o acto matutino do Viño Galego e futebol de casados e solteiros, masculino e feminino, pola tarde.
(A Voz de Galicia)
|
30-Xullo-2008.
A asociación Amigos da Terra de Montes celebrará o
vindeiro sábado, dia 2, a sua tradicional asamblea anual ordinaria, seguída por unha comida de confraternidade. O encontro será en
Beariz.
A comida de irmandade iniciará-se, na carballeira de Barcia (Beariz), ás duas da tarde. Haberá homenaxes e imposición de insígnias a Xosé Raposeiras Correa e Odilo Rial.
(A Voz de Galicia)
|
25-Xullo-2008.
O concello de Forcarei ten
abertas este ano, desde primeiros de mes, dúas oficinas de información turística, unha en Soutelo de Montes e a outra no
mosteiro de Aciveiro. En ambolos dous casos, abren-se de unha a oito da tarde.
A de Acibeiro só pecha o luns, mentres a de Soutelo fai-no os mércores e xoves. O Concello conta con un técnico de Turismo que coordina todo o traballo. Estarán
abertas até finais de setembro. na de Aciveiro oferecen-se visitas guiadas polo
mosteiro. A oferta de recomendacións e rutas que se mostra ao visitante interesado inclue o rico
abano de recursos naturais e arquitectónicos do município, ademais do própio
edificio do mosteiro, os percorridos polos montes, rios ou pola Serra dó Candán, a aldea abandonada de Grobas, o castro de Loureiro e
tamén polas festas locais. (A Voz de Galicia)
|
26-Xullo-2008.
San
Miguel de Presqueiras terá este ano unha nova festa gastronómica. A
da Croca. Será o vindeiro dous de Agosto e coincidirá co festival
folc churruchao, un certame que gana adeptos cada anao. (A Voz
de Galicia)
|
23-Xullo-2008.
Os
días do 8 ó 10 de agosto terá lugar en Forcarei a primera reunión
galega de aficionados á astronomía, chamado Astrogalicia 2008. Está
organizada pola Asociación de Animación de Ourense, dedicada á
divulgación científica, e varios colectivos de afecionados á
astronomía como os de A Coruña, Barbanza, Santiago, Lugo y
Pontevedra. A razón porque esta primeira reunión sexa convocada en
Forcarei debese a que aquí será a sede dun observatorio astronómico
que abrirá en pouco tempo. (A Voz de Galicia)
|
23-Xullo-2008.
O
vindeiro 23 de Agosto celebrarase en Soutelo unha nova edición do
concurso de gaita. O vencedor terá un premio de 2.500 euros e o
segundo de 1.000. Participarán hasta un máximo de 15 parellas de
gaita e tambor. (A Voz de Galicia)
|
15-Xullo-2008.
Hoxe
faleceu na súa casa de Soutelo, a mesma na que naceu, Virxilio
Vieitez, o máis importante retratista da nosa Terra. Tiña 77 anos e
a cobertura dada polos medios de comunicación nacional o seu
pasamento é a mellor medida da importancia que adquireu a súa obra
nos derradeiros anos. O diario "El Mundo" dedica-lle unha páxina
inteira con un extraordinario
artigo e recolle nun álbum moitas das mellores imaxes publicadas.
"El País" tamén percorre a súa vida nunha ámplia coluna.
En Televisión Española mostraría un reportaxe con imaxes rodadas en
vida e moitas das súas fotografías. Tamén nos diarios galegos se
recolle a desgraciada nova aínda que, curiosamente, con menos
detalle. Quizais, como pudemos comprobar na súa exposición en
Madrid, o impacto é moito maior na xente da gran cidade, que nin coñece
nin pode imaxinar estas imaxes da nosa terra, que para os que tivemos
a sorte de vivi-la de nenos. (M.C.T.)
|
17-Xullo-2008.
Os
festexos patronais de A Madalena que se celebrarán do 20 ó 22 deste
mes, terán esta edición a súa festa do mexilón, que se ofrecerá
gratuitamente en diversas salsas ou ó vapor. Sí haberá que pagar, 3
euros, polo viño servido nunha taciña especial recordo da
festividade. Ese día haberá distintos xogos para nenos, e pola noite,
actuación dun grupo folk, Pai de Cana, e verbena. O día grande será
o 22, con moitas gaitas e as orquestas Marbella e La Oca. (A Voz
de Galicia)
|
12-Xullo-2008.
510.000
Euros terá o Concello de Cerdedo para ampliar o edificio do concello.
Esta cantidade seralle entregada en varios anos e está pendente o
estudo de como se realizarán as obras. (A Voz de Galicia)
|
11-Xullo-2008.
Forcarei
contará o vindeiro curso escolar con unha "Galescola" para
nenos entre tres meses e tres anos. Estará ubicada nas casas dos
maestros e, fora do horario escolar, tamén poderá ser utilizada por
nenos de maior edade. (A Voz de Galicia)
|
08-Xullo-2008.
20.000
visitantes son os que se calcula que visitaron a aldea de Sabucedo
neste pasado fin de semán. Uns 1.300 achegábanse ónte á rapa do
luns, que pon remate á festa. 8A voz de Galicia)
|
01-Xullo-2008.
Comenza
a Rapa das Bestas de Sabucedo, que este ano estrea o seu distintivo de
festa de interese turístico internacional. Haberá tres sesións: a
primeira o sábado ás 19.00 horas e a segunda o domingo ás 12.00.
Habrá unha terceira, máis familiar, o luns ás 12.00, con entrada
gratuita.
A Rapa abriráase o venres cofestival Sons da Rapa, na sua
terceira edición. Actuarán A tuna rastafari, No
reply e pechará O sonoro maxín, grupo integrado por
los ex componentes de Lamatumbá.
A noite do sábado haberá verbena,
sesións de xogos
populares e feira de artesanía. (A Voz de Galicia)
|