17-Xullo-2007.
Xesús Palmou, diputado autonómico
de A Estrada, afirma que é a Xunta e non a diputación a que ten que
financiar a estrada entre Cachafeiro e Vilapouca, e non a Diputación
como afirma o delegado de Obras Públicas. Aínda que esta vía é de
titularidade provincial, xa foi asumida pola Xunta nos dous tramos xa
mellorados, entre Cachafeiro e Lalín. (Faro de Vigo)
|
28-Xullo-2007.
O monumento ós "represaliados"
polo franquismo, que levantou a asociación "Verbo Xido" na
ponte do Barco (Pedre) está sofrindo destrozos cada certo tempo,
desde hai un ano que foi inaugurada. (Faro de Vigo)
|
09-Xullo-2007.
Remata a Rapa con un curro que
case se considera familiar. Moitos magullados pero ningún de
gravedade, moita xente e unhrecen estreado título de "Festa de
Interese internacional" que acercará axudas para a mellora das
instalacións. Os asistentes superaron os 25.000 o longo dos dous
primeiros días que durou a festa, os que haberá que sumar os de hoxe
o que sumará máis dos 30.000 esperados pola organización. (A Voz de Galicia)
|
16-Xullo-2007.
O éxito do Plan "Leader
Montes" no sector privado fai que este se comprometa hasta os 8,4
millóns de euros de investimento, un millón máis dos inicialmente
previstos para os municipios afectados. Entre as obras promovidas nos
nosos concellos destacan o Museo da Musica Tradicional de Soutelo e o
Observatorio Astronómico en Forcarei, Un albergue turístico en
Beariz e o Museo da Pedra en Cerdedo. (Faro de Vigo)
|
07-Xullo-2007.
Hoxe celébrouse a primeira
"Rapa das Bestas" en Sabucedo, despois da inaugauración
celebrada onte e de que esta mañán sairan os mozos ó monte para
reunir os cabalos. Ó fin, unhas 150 bestas, 20 aloitadores, 90
periodistas e uns 1500 espectadores no curro. Na festa había máis de quince
mil persoas e o organismo "Turismo Rías Baixas" da
Deputación de Pontevedra transmiteu o curro por internet para todo o
mundo. (A Voz de Galicia)
|
0-Xullo-2007.
O restaurante "Milenium"
de Soutelo e un bar de Silleda sufriron a noite pasada un asalto que
acabou con un botín de uns 1.100 euros e bastantes danos materiais . (A Voz de Galicia)
|
01-Xullo-2007.
O diario "A Voz de
Galicia" modifica a súa política de presenza na rede,
abandoando o envío dos seus titulares e reservando estes só para os
abonados de pago. Este feito dificulta o acceso a todalas novas da
nosa terra neste periodico. Afortunadamente, o Faro de Vigo, aínda que con unha
cobertura algo inferior, ven mellorando a súa edición en internet e
a presencia nela das novas da Terra de Montes. (M. C.)
|
01-Xullo-2007.
36.700 Euros para a Gardería de
Cerdedo e 1,6 millóns do Ministerio de Fomento para a mellora da
N-541 ó paso por este mesmo concello. Entre as obras están pasos
elevados en Ventoxo e alvelo, accesos peonales en Cerdedo e Pedre,
etc. (A Voz de Galicia)
|