30-Xullo-2006.
Masgalán de Arriba (Forcarei) leva
dúas semáns sin servicio de Teléfono. O problema e que o repetidor
GSM que colocou a Telefónica conectouse sin permiso a unha toma
eléctrica privada e foi sustituido por un xenerador que solo funciona
algúns poucos. (A Voz de GAlicia)
|
|
22-Xullo-2006.
A asociación "Amigos
da Terra de Montes" celebrará a súa XIV reunión anual o
vindeiro día 5 de Agosto en Cerdedo. Contará con diversos actos,
entre eles unha mesa redonda sobre o tema "A medicina e a saúde
na Terra de Montes". (A Voz de Galicia)
|
28-Xullo-2006.
Hoxe comenzan en Cerdedo as festas
na honra do Ecce Homp e a Virxe das dores. Haberá verbena con dúas
orquestas, torneo de fútbol, humor, pasarúas, xogos populares,
etc. (A Voz de Galicia)
|
20-Xullo-2006.
Importante reunión en sabucedo coa
presencia do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana para definir un
proxecto global para a parroquia que sirva para a totalidade do ano,
non só para os días do vran e da festa da Rapa. O proxecto, que
conta co apoio da asociación "Rapa das Bestas" e tomará
como base o xa levantado para este evento, busca novas ideas pero xa
conta con algunhas, como un centro de interpretación o a
potenciación do albergue para o seu uso en calquel estación do
ano. (A Voz de Galicia)
|
22-Xullo-2006.
A novas asociación "Vento noso"
que xunta uns 6000 dannificados pola instalación dos xeneradores
eólicos nos montes da provincia de Pontevedra, quere que un 10% dos
beneficios desta actividade, estimados en 96 millóns de euros no ano
2005 só na . Actualmente chega ós propietarios do monte menos dun
1%. (A Voz de Galicia)
|
15-Xullo-2006.
Unha exposición de pintura de Luis
Iglesias, a festa da bicicleta (día 22), a festa da auga (día 24),
manualidades, campionato de ping pong, fútbol e o "Brañas
folk" son algúns dos eventos para esta semán cultural de
Cerdedo, que se celebra coincidindo coas festas do ECCE HOMO e a Virxe
das Dores. (A Voz de Galicia)
|
20-Xullo-2006.
1,2 millóns de euros é o orzamento
máximo para o concurso que abreu a Xunta para a realización das
obras de saneamento en Cerdedo, As obras ten un prazo de trinta meses
para o seu remate. (A Voz de Galicia)
|
15-Xullo-2006.
Forcarei é, con moito, o concello
da comarca con mais hectáreas queimadas polos incendios nos
derradeiros cinco anos (2.560). Siguelle Rodeiro con pouco mais da
metade. (A Voz de Galicia)
|
15-Xullo-2006.
O deputado autonómico Alejandro
Gómez preguntará ó executivo galego no parlamento pola situación
de algúns proxectos pendentes de realización na comarca. A mellora
do instituto Chano Piñeiro, a privatización dos servicios no
campamento de Pontemaril que no desexa o concello e a concesión a
título póstumo da medalla de ouro da xunta ó Gaiteiro de Soutelo.
(A Voz de Galicia)
|
13-Xullo-2006.
O Alcalde de Cerdedo Xosé Balseiros
e a conselleira de vivenda e solo da Xunta, Teresa Taboas asinaron o
dumento que permite a construcción de un total de 36 vivendas sociais
promovidas polo concello. Doce destas vivendas son casas unifamiliares
previstas desde hai tempo. As outras serán dous edificios de novo
deseño. (A Voz de Galicia)
|
13-Xullo-2006.
O Concello de Forcarei sacou a
concurso a segunda fase das obras do multiusos de Soutelo, onde se
albergará a nova biblioteca, un audotorio, un museo e un local de
audicións. O orzamento é de 196.000 euros. Un dos espacios será o
futuro Museo da Música tradicional, que conta con unha dotación de
150.000 euros adicionais. (A Voz de Galicia)
|
3-Xullo-2006.
A Rapa das Bestas acaba este ano con
moito público e pocas incidencias reseñables. O curros cheos como
sempre e a organización, cada vez mellor coa vista posta na
consecución do título de Festa de interese turístico internacional.
Hoxe rematan as festas coa marca dos cabalos e a solta. Aparte
dos animais, tamén se puderon ver actuacións importantes dentro do
mundo folk da bisbarra. Os Abrentes, As pandeireteiras de Barro de
Arén e Tear de Llerena foron algúns dos grupos enxebres que se deron
cita (A Voz de Galicia e Faro de Vigo)
|
5-Xullo-2006.
Vinte universitarios asisten a
partir de mañán en Cerdedo a un curso sobre"O desenvolvemento
rural hoxe" organizado pola Universidade Internacional Menéndez
Pelayo. Cinco deles contan con unha beca completa, polo que residen
nun hostal da vila hasta que o curso remate. Xosé Luis Barreiro é o
responsable do centro en Galicia e con él participarán os alcaldes
da zona e outros persoeros da cultura. (A Voz de Galicia)
|