30-Xullo-2005.
O colectivo "Verbo Xido"
presentou o programa das xornadas "Terra de todo@s"
que se celebrará este ano en Beariz o vindeiro seis de Agosto con
importantes participantes dentro do mundo da cultura e o ecoloxismo.
(A Voz de Galicia)
|
31-Xullo-2005.
Francisco Rozados "Rochi",
acaba de publicar un libro que recolle a historia fotográfica durante
o pasado seculo. Aparte das fotografías, todas elas en branco e negro
e de gran calidade, hai artigos de Xosé
Luis Barreiro, X.M. Rivas, Carme Hermida, Manuel cabada, e do
propio Rochi, algúns dos cales xa foran publicados na revista
cultural do concello "Cotaredo". (A Voz de Galicia)
|
29-Xullo-2005.
O campamento de Pontemaril (Forcarei)
inaugura o novo albergue, que permitirá o seu uso en temporadas fora
do vran. Conta con 48 plazas e tamén axudará a que o campamento
poida ser usado por nenos máis pequenos, que se achegan por primeira
vez a un campamento e requiren unhas instalacións mellor
acondicionadas. O edificio costou uns 120.000 euros. (A Voz de
Galicia)
|
30-Xullo-2005.
Como parte das celebracións das festas
da Virxe das Dores, homenaxeouse en Cerdedo a dóus ex-alcaldes (José
Luis Jorge Caramés e Manuel Varela Mouteira) e o varios ex-concelleiros.
Algúns destes últimos, do BNG e do PSOE, non acudiron por non estar
de acordo con que se lle faga un homenaxe a un alcalde que foi da
dictadura. Caramés, recentemente dimitido, foi nomeado alcalde
honorario da vila. (A Voz de Galicia)
|
27-Xullo-2005.
Catro firmas importantes, dúas delas
con capacidade para crear hasta 100 postos de traballo cada unha,
tense interesado polas parcelas do novo polígono industrial da Terra
de Montes, que se situará perto do actual de Vilapouca, entre os
concellos de Cerdedo e Forcarei. Os comuneros de Outeiro-Quintas,
propietarios de parte dos terreos ten xa aceptado a súa expropiación
pactada. (A Voz de Galicia)
|
29-Xullo-2005.
Unha familia de Lerce, na parroquia de Castrelo
(Forcarei) topou un proxectil da guerra civil española cando limpaba
nun alpendre perto da súa vivenda. Avisadas as forzas de seguridade,
trasladaron a bomba hasta unha canteira, onde procederon a
explosionala de xeito controlado. (A Voz de Galicia)
|
26-Xullo-2005.
Telefónica afirma que xa ten migrado
1.600 liñas dos antuguos TRAC (Teléfonos Rurales de acceso celular)
a novas tecnoloxías e que no prazo dun mes pode proporcionar unha
conexión a Internet a quen o solicite. A realidade é algo diferente.
A lo menos nalgúns casos (Trasdomonte) sustitueuse o anterior sistema
por con tecnoloxía movil recente (Movistar) que permite conectarse a
internet pero a velocidade moi escasa e con cortes contínuos. Polo
menos pódese manter unha conversa, que xa é importante comparado co
que tiñamos. (M. C.)
|
27-Xullo-2005.
46,8 anos é a edade media dos veciños
de Tabeirós-Terra de Montes, a máis alta da provincia despois da
Paradanta, pero no caso de Cerdedo, o concello máis envellecido, esta
chega hasta os 53,6. En seis anos, a edade media aumentou en dous, e o
24,5 % da poboación supera os 65 anos (15,9 % na provincia de
Pontevedra). (A Voz de Galicia)
|
24-Xullo-2005.
Remataron as obras de remodelación da
praza do Mosteiro de Aciveiro que comenzaran a primeiros deste ano. O
concello terá que mellorar os accesos e anchear a carretera cando
chegue a un acordo cos donos das terras. A praza está disposta en
dous niveis, co cruceiro no máis alto. A parte baixa sitúase a un
nivel acorde coas entradas á igrexa e ó resto do recinto, que
quedaran por debaixo do nivel da praza. Tamén se retirou o palco da
musica, xa moi pouco utilizado, e retirouse o aparcamento de coches a
un lado, o que permite ver a fachada en toda a súa esencia. O Hotel
conta desde este ano con unha importante ampliación de 9 a 24 cuartos
e nel celébranse vodas e bautizos de hasta 300 persoas. A empresa
espera rematar o vran cunha ocupación media dun 70% (A Voz de
Galicia)
|
25-Xullo-2005.
Javier Quintillán, antiguo secretario,
será o novo presidente da asociación "Rapa das Bestas". As
eleccións foron abertas (sen candidatos) e Javier consigueu 55 votos,
por 47 do anterior presidente, José Paz, que levaba tres edicións. O
novo cargo quere formar unha xunta de perto de 15 membros con tres
comisións dedicadas ó Curro, o Campo do medio e ó monte. Quere
tamén contar coa axuda do seu antecesor no cargo. (A Voz de Galicia)
|
22-Xullo-2005.
Cerdedo celebra este fin de semán as
súas festas, na honra do Ecce Homo e da Virxe das Dores. Haberá
actuacións musicais (A Roda), festival folk, activides ludicas e
culturais e, pola noite, verbenas con destacadas orquestas. (A
Voz de Galicia)
|
23-Xullo-2005.
3.450 euros serán dedicados polo
concello de Forcarei para premios na VII edición do concurso de
gaiteiros solistas que se celebrará en Soutelo de Montes pola festa
do Gaiteiro. O premio ó gañador será de 1.200 euros. Aparte tamén
se celebrará o V concurso de bandas, que contará con 5.100 euros en
premios. (A Voz de Galicia)
|
17-Xullo-2005.
Os veciños de Moa fixeron unhas declaración
sobre o seu conflicto cos de Zobra e aclararon que a fonte está
dentro dos lindes da parroquia e así está rexistrada desde o ano
1992, que os de Zobra modificaron os lindes de forma unilateral no ano
1970, que Augas de Galicia xa lles impuxo ós de Zobra dúas multas
por valor de 6.450 euros por "escarbar" sin permiso na fonte
e que as augas nunca foron á traida de Zobra como se decía porque
foron advertidos verbalmente e despois pola própia Xunta de Galicia
de que a fonte pertenecía a Moa. (A Voz de Galicia)
|
17-Xullo-2005.
Máis sobre conflictos co monte e cos
veciños de Zobra. Chegou a resolución do seu xuízo polos lindes do
monte cos veciños da Madalena, en particular, cos de Trasdomonte.
Como os anteriores ante o Xulgado de Montes, esta vez a vía xudicial
tamén lles dou a razón os de Trasdomonte e, se non presentan
recurso, terán que admitir os lindes por onde foron sempre. A
estratexia de permanente confrontación dos veciños desta
parroquia con todo o que os rodea xa foi analizada nestas páxinas.
(M. C.)
|
12-Xullo-2005.
35.000 euros de ingresos xenerou a Rapa das
Bestas deste ano. Os gastos foron de 20.000 e o resto xuntarase ó que
xa tiña aforrado a asociación para acometer melloras no lugar
relacionadas coa festa. (A Voz de Galicia)
|
16-Xullo-2005.
Os veciños de Zobra xuntan outro pleito
máis, esta vez cos de Moa (Vilatuxe) por canalizar a auga da fonte
chamada Fontegrande. Os de Zobra canalizaron a auga desta fonte caria
o seu lugar no ano 1994, coa oposición dos de Moa, que consideraban
que non lles pertenecía como así o indicou "Augas de
Galicia" na súa resolución. Esta vez, a Comunidade de usuarios
de Moa fixo a canalización dereitamente sobre as anteriores obras.
Algúns veciños culpan á Pedanea de Zobra de non velar polos
intereses da parroquia pero o concelleiro estima que algúns veciños,
en moitos casos cincunstanciais, queren roper a unidade do pobo e
critican a todos os que non comulgan coas súas ideas (A Voz de
Galicia)
|
11-Xullo-2005.
Pardesoa
celebra hoxe a súa festa de San Benito, unha das máis antigas da
comarca. Ó santo pídese e ofréceselle de todo, en cartos e en
productos da terra. Sempre foi o santo máis milagreiro da Terra de
Montes. (A Voz de Galicia)
|
11-Xullo-2005.
O candidato municipal polo PSOE en Beariz non
está de sorte coa lei. O ano pasado foi sancionado por ameazas a un
empresario pero non pagou a multa alegando que non tiña con qué.
Hoxe, o fiscal acúsao de alzamento de bens e pide para el dous anos
de carcel. (A Voz de Galicia)
|
6-Xullo-2005.
Os pasamentos doblan os nacementos na nosa
terra. O Concello de Cerdedo é un dos máis afectados con só sete
nacementos e tres veces máis mortes. Curiosamente, Forcarei pasou de
17 nacementos no ano 2003 a 35 no pasado ano. Algo terá que ver
a implantación de industrias que dan postos de traballo e permiten
ás parellas novas permanecer na terra. (A Voz de Galicia)
|
6-Xullo-2005.
Pechou o obradoiro de emprego de
Cerdedo coa entrega de diplomas e unha comida con varios persoeros
relacionados con este evento. Visitaronse as obras rematadas e pideuse
que o vindeiro ano, a vila poida ter un obradoiro de características
semellantes. (A Voz de Galicia)
|
1-Xullo-2005.
Este fin de semán celébrase a Rapa das
Bestas en Sabucedo. Este ano conta coa novidade da marcaxe con
microchip e será transmitida en directo pola web do Concello de A
Estrada www.aestrada.com e
contará con enviados de infinidade de medios de comunicación. A
rapa, que comenza hoxe coa recollida e baixa dos cabalos, rematará o
luns coa marcaxe dos poldros (A
Voz de Galicia)
|
4-Xullo-2005.
O curro de Sabucedo acabouse celebrando case
de noite debido o calor que había ás seis da tarde. O curro estaba a
reventar, con perto de 2000 persoas. Por outra banda, máis de 150
ciclistas disputan hoxe a IV ruta Rapa das Bestas por distintas
paraxes do concello de A Estrada. (A Voz de Galicia)
|