26-Xullo-2003.
As festas de Cerdedo víronse en parte
deslucias pola choiva, máis na verbena da noite que nos actos
programados para todo o día. Pintura, música e teatro encherán os
tres días de festa. (A Voz de Galicia)
|
28-Xullo-2003.
Onte remataron as festas de Cerdedo, por
fin con bo tempo, e con expectación moi importante no Festival Folk.
Foron grupos como "Regato de matamulleres", "Os Lerenses", "O Tear
de Llerena", "Os Chichisos", "Cantareiras de Barro" e "Os Abrentes
de Cerdedo", que rematou coa verbena e o fogo de luces. (Faro
de Vigo)
|
18-Xullo-2003.
Volve o ministerio de Fomento de España a
estudiar o trazado do Ferrocarril de alta velocidade (AVE) por
Cerdedo, unha saída que parecía esquecida. O tren xa está en obras
entre Santiago e A Coruña. (Faro de Vigo)
|
20-Xullo-2003.
Unha cadea de residencias de luxo
interésase pola xestión da hospedería de Aciveiro, que está chea
neste vrán. Valoran sobre todo o seu illamento e os paraxes naturais
que a rodean. A pena será que de ser convertida en hospedería de
luxo deixaría de ser asequible para a maior parte da nosa xente.
Curiosamente, a xestora actual estima que a maior parte das súas
reservas ven de Internet. (A Voz de Galicia)
|
18-Xullo-2003.
Un xoven morreu na canteira da empresa
Malvar en Ventoxo ó sufrir unha descarga
electrica procedente dos cables de alta tensión sobre o camión que
manexaba co remolque levantado. (A voz de Galicia)
|
18-Xullo-2003.
O presuposto do concello de Cerdedo para
este exercicio será de 1,15 millóns de Euros, algo máis que o
derradeiro ano. O Concello contará com máis de tres veces o
investimento autonómico do ano pasado (A Voz de Galicia)
|
14-Xullo-2003.
Cerdedo
organizará a vindeira semán variedade de actividades lúdicas e
culturáis para os nenos e mozos. Serán obradoiros e proxeción de
filmes como Amelie e Skrek. Tamén se celebrará a Festa
da Bicicleta, que partirá de Quireza. (A
Voz de Galicia)
|
16-Xullo-2003.
O vindeiro día 24 celébranse as festas patronais
da Madalena, con xogos de mesa,
campionatos deportivos e verbena pola noite. Os días 25, 26 e 27
serán as da Virxe de As Dores e o Ecce-Homo en Cerdedon con unha
concentración de coches antigos, unha mostra fotográfica, outra de
pintura e un festival de música Folk. (A voz de Galicia)
|
8-Xullo-2003.
As áreas de baño de Magros e Doade, en Beariz,
foron calificadas como de "Optima calidade" polo programa
de vixilancia sanitaria de zonas de baño. Só seis das vinteseis da
provincia de Ourense chegan a este calificativo. (A Voz de
Galicia)
|
8-Xullo-2003.
A rota cicloturística "Rapa das
Bestas" conta xa con 105 inscritos, contra os sete do ano
pasado por este tempo. Os participantes salirán do centro comarcal
de Tabeirós e volverán a el despois de percorrer 65 kilómetros
por Codeseda, Sabucedo, etc. (A Voz de Galicia)
|
3-Xullo-2003.
Mañán arranca a Rapa
das Bestas, a máis importante das festas do vran na Terra de
Montes. Este ano serán perseguidas e acorraladas as manadas máis
bravas, coa axuda dos veciños de Quireza e outros lugares da
bisbarra. Son os cabalos que viven nos montes de Cuíña, A
Planzadoira e San Isidro, que por ter pouco contacto co home, son
máis salvaxes e levan seis anos sin cortar as súas crins. (A
Voz de Galicia)
|
7-Xullo-2003.
Remata a Rapa das Bestas en Sabucedo, unha
das mellor organizadas e con máis asistentes, aínda que menos
publicitada nos xornais. Só lamentar o accidente dun aloitador, que
non pudo volver a participar nos curros, pero foi moi aplaudido a
súa volta do hospital.Un dos canles de Televisión da Disney fixo
unha reportaxe sobre a festa, mentras que seis publicacións
alemanas e un diario británico tamén acudiron a cubrir o evento.
Tamén as emisoras de Tv españolas emitirán desde Sabucedo, e os
curros transmitiranse ó mundo através de internet. (M.C.)
|
1-Xullo-2003.
Este fin de semán terá lugar a Rapa das
Bestas e xa están a montarse os tenderetes para a festa. O tempo
non acompaña e o Concello da Estrada aínda ten intención de
reparar a carretera (con multitude de derrumbamentos polas choivas)
antes de comence a chegada de visitantes. Este ano contase coas
novidades do pregón (Sergio Pazos) e da marcaxe do gando con
Nitrógeno líquido en vez de co ferro quente de toda a vida. (Faro
de Vigo)
|
2-Xullo-2003.
O Concello de Cerdedo espera construir
alomenos vinte vivendas sociais, tal e como se fixo en Soutelo. Para
esto vai facer un estudo da posible demanda e solicitar as axudas á
Xunta de Galicia. Mentras tanto ábrese en Forcarei a chamada
"Calle J", pendente desde hai máis de dez anos por falta
de acordos cos afectados. (A Voz de Galicia)
|