9-Xullo-2002.
Perto de
20.000 persoas achegáronse a Sabucedo entre os catro días que
durou a rapa. Hasta o Lúns, que sempre é un día familiar, o
curro encheuse para ver as derradeiras loitas coas bestas, e a súa
volta a libertade. (Faro de Vigo)
|
15-Xullo-2002.
Beriz xa
ten funcionando a súa "Base aérea" en Doade, para dar
servicio ós avións do servicio de incendios. Ten un encoro de
200.000 litros de capacidade, pista de 1000 metros e será
asfaltada no vindeiro ano. (A Voz de Galicia)
|
9-Xullo-2002.
O lobo
atacou en varias aldeas o gando no concello de Cerdeo,
concretamente en Meilide e Figueroa. En ambolos dous casos o
animal morto foi unha ovella, pero o medo refírese máis á
posibilidade de que sexa atacado una neno ou outra persoa nunha
bisbarra na que fai moitos anos na que non se vía este animal.
(Faro de Vigo)
|
11-Xullo-2002.
Forcarei
acollerá unha exposición en beneficio de Guatemala. Consta de
acuarelas e debuxos de Miguél Angel Pérez e ten a súa
importancia por incluir á nosa terra dentro da solidaridade
internacional, como xa se comprobou o derradeiro ano coa
"feira do comercio xusto" en Soutelo. (A Voz de
Galicia)
|
8-Xullo-2002.
Trinta
cazadores da Sociedade de Caza e Pesca de Forcarei deron unha
batida contra o xavarín nos montes de Pardesoa. O resultado é
que ningún animal foi abatido, polo que estas batidas deberán
seguir si se quere que os cultivos sexan respetados. A Voz
de Galicia)
|
9-Xullo-2002.
O Concello
de A Estrada quere contar cos fondos do plan "Leader Plus
Montes" para o acondicionamento integral da parroquia de
Sabucedo para as vindeiras rapas. Pénsase colocar servicios na
Carballeira do medio, onde se acampa, ampliar o curro, restaurar
muiños e potenciar rutas que permitan á xente acudir a esta
parroquia ó longo de todo o ano. Preténdese que a festa
sexa considerada como de "Interese turístico
Internacional", e non só nacional como hasta estes intres
(Faro de Vigo)
|
5-Xullo-2002.
Programa de
festas para a rapa deste ano:
- Día 5:
Presentación á prensa (70 periodistas acreditados), verbena e ó
fin, acampada no Campo do medio.
- Dia 6: Ás 6:30, misa a San Lourenzo, antes de sair para xuntar
ós cabalos. Entre as 12:30 e as 13 horas xuntaranse estes no
Monte do Peón para despois traelos ó curro e empezar a rapa
entre as seis e as sete da tarde. Pola noite, verbena con
orquestas.
Día 7: Nova rapa a partir das doce da mañán. Pola tarde
folklore e verbena.
Día 8: Lúns, a derradeira das rapas, onde se marcarán os
cabalos do santo e se contrarán as crins os que se escaparan das
dúas anteriores. Pola tarde os cabalos voltarán ó monte.
A entrada
ó curro por cada rapa costará seis euros (mil pesetas) e espéranse
perto de dez mil asistentes nos tres días. (A Voz de
Galicia)
|
7-Xullo-2002.
Unhas 7000
persoas achegaronse onte a Sabucedo no primeiro día de festa
grande, enchendo a reventar os arredores desta aldea con tendas de
acampada, postos de venta, etc., etc. A presenza de moitas
autoridades prometendo numerosos investimentos reafirma a
importancia dunha festa que, hai que recordar que se celebra nunha
parroquia de 50 veciños e con moi poucas axudas, malia a
importancia mediatica que se lle está a dar. (M.C.)
|
3-Xullo-2002.
O Concello
de Forcarei vai urbanizar e recalificar como rúa urbán o vial
entre a actual estrada Silleda-Folgoso e a vila de Forcarei. Para
eso terá que chegar a acordos cos veciños ou expropiar algúns
terreos. (Faro de Vigo)
|
4-Xullo-2002.
Está
prevista unha esposición de acuarelas sobre paisaxes da Terra de
Montes para a vindeira "Festa do Gaiteiro". Será
itinerante entre Forcarei, Aciveiro e Soutelo, e rematará o día
da festa na própia praza do gaiteiro, onde se poderán mercar as
obras. Este ano espérase publicitar como nunca este evento e
incluso os actos será, transmitidos a unhas pantallas xigantes na
praza e no parque de Venezuela.
|
1-Xullo-2002.
A Consellería
de Medio Ambiente da Xunta de Galicia ten pensado repoboar máis
de 290 hectareas de montes en man común de Forcarei e Cerdedo,
con castiñeiros, carballos e pinos. (Faro de Vigo)
|
2-Xullo-2002.
O Curro de
Sabucedo para a festa da "Rapa das
bestas" será ampliado en 500 localidades, hasta un total
de 1700 e o albergue xa estará en funcionamento e totalmente
ocupado nas súas 28 prazas disponibles. Por outra banda, espéranse
para este fin de semán na parroquia estradense a persoeiros como
o ex-ministro de xustiza Fernando Ledesma e periodistas de medio
mundo, entre eles reporteiros de National Geografic. (Faro
de Vigo)
|