21-Xaneiro-2007.
O alcalde de Cerdedo, Xosé
Balseiros, anda en negociacións cunha empresa vasca para a súa
implantación no novo polígono que se quere levantar en Folgoso,
perto do actual de Vilapouca (Forcarei). Esta empresa, interesada en
400.000 metros cadrados nesta terra pola súa proximidade a
Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, etc. Esta firma podería ocupar
perto de 400 traballadores. (A Voz de Galicia)
|
|
18-Xaneiro-2007.
Xosé Luis Ferreiroa Sanchez, fillo
de emigrantes a Venezuela, será o novo candidato do PSOE ás
eleccións municipais do vindeiro mes de Maio. Non estará na lista a
última candidata, Mari Carmen Fortes, despois das súas desavenencias
cos dirixentes do partido. (A Voz de Galicia)
|
19-Xaneiro-2007.
Confortlastic, a empresa que
ocupará na súa totalidade o polígono do Sangal (Cerdedo) está a
punto de rematar as obras de construcción da nave comenzará a
producción no vindeiro mes de marzo con 80 operarios, dos que 50
serán do concello. Máis tarde sobrepasará os 100 traballadores.
(A Voz de Galicia)
|
18-Xaneiro-2007.
O Concello de Forcarei quere que a
Federación de Montañismo homologue as rutas das pontes do Lérez e
máis a de Candán. Para eso pensa formar un grupo de guías locais,
remozar a señalización para o cumplimento da normativa vixente e
outras actuacións. Para esto quere contar coa axuda da consellería
de Medio Ambiente.
(A Voz de Galicia)
|
18-Xaneiro-2007.
Con 35.000 euros, concedidos pola
consellería de Medio Rural, contará o Concello de Forcarei para o
desbrozamento de lugares con especial perigo de incendio. Trátase de
evitar o desastre do pasado vran, que foi un dos máis malos da
historia. (A Voz de galicia)
|
14-Xaneiro-2007.
Este ano, a comisión de festas da
Virxe das dores empeza a traballar cedo e xa ten organizado rifas (un
porco polo San Martiño), venta de lotería polo nadal e reises e
outras actividades que permitan organizar as festas con presuposto e
tempo suficientes. (A Voz
de Galicia)
|
14-Xaneiro-2007.
O Concello de Cerdedo acaba de
recibir unha subvención de 30.000 euros para mellorar a guardería.
Esta leva funcionando dous anos e atende a unha media de quince nenos
cada día. Tamén queren mellorar o parque infantil que está situado
á súa veira. (A Voz de Galicia)
|