27-Xaneiro-2006.
A estrada N-541 non será polo
momento de alta capacidade. Así llo contestou a Consellería de
Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ó parlamentario
do grupo Popular Alejandro Gómez. Esta estrada é a columna vertebral
dass comuinicacións da Terra de Montes co resto de Galicia. (A
Voz de Galicia)
|
|
26-Xaneiro-2006.
O alcalde de Forcarei quere
entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente co fin de recadar
fondos para mellorar a depuradora de Cachafeiro e outros traballos no
medio rural. Tamén condicionou a reparacion das aceras de Soutelo ó
remate das obras na traida de augas que se están facendo na vila e
ás que aínda lle quedan algúns enganches con vivendas que
volverían a levantar as aceras. (A voz de Galicia)
|
27-Xaneiro-2006.
Soutelo acolle a audición do CD
recopilatorio dos Gaiteiros de Soutelo editado polo selo ouvirnos.
será no pub "O Gaiteiro feiticeiro" e contará con
coloquios, actuación de grupos enxebres da terra, etc. A sesión
musical está organizada pola asociación "Verrbo Xido".
(A Voz de Galicia)
|
25-Xaneiro-2006.
Según o padrón municipal con datos
do primeiro deste ano, só seis rapaces naceron no pasado ano no
concello de Cerdedo e 19 no de Forcarei, onde o ano anterior
chegárase hasta os 37. En Cerdedo só hai tres novas parexas e o
colexio reza para non ter que pechar algunha das súas unidades. A
entidade de poboación máis grande da Terra de Montes é Soutelo, con
455 veciños. Forcarei ten 407 e Cerdedo 430. (A Voz de Galicia)
|
26-Xaneiro-2006.
O comedor do colexio público e do
instituto Chano Piñeiro de Forcarei levan días servindo bocadillos e
empanada na comida ós nenos porque a cociñeira está de baixa por
enfermedade. A lentitude no reemplazamento leva camiño de que se cure
antes a enferma de que a Xunta mande otra persoa para o seu
lugar. (A Voz de Galicia)
|
13-Xaneiro-2006.
O Mosteiro de Aciveiro será a sede
da presentación do docudrama "Amelia de Terra de Montes" do
naturalista Federico de la Peña, con un personaxe interpretado por
unha veciña de Aciveiro (Clavelina Cachafeiro) que serve de base para
profundizar nos valores paisaxísticos e naturais da terra, nunha
mestura de realidade e ficción. Tamén se mostrará a reedición do
libro "El monasterio de Aciveiro" de Antonio Rodríguez
Fraiz, que recolle a historia deste templo desde a súa creación no
século XII e a súa influencia no desenrolo da bisbarra. (A Voz
de Galicia)
|
21-Xaneiro-2006.
A Asociación Rapa das Bestas acaba
de entregar un dosier de máis de 150 follas á Xunta de Galicia
solicitando a declaración da festa como de interese turístico
internacional. Acompáñase de audiovisuales que foron mostrados en
varios paises e publicados por revistas tan prestixiosas como National
Geographic. (A Voz de Galicia)
|
1-Xaneiro-2006.
Trinta mil visitantes únicos marca
o contador deste sitio web para a súa páxina principal. Esto supón
unha certa aceleración das visitas nos últimos meses, aínda que
cada vez diríxense a contidos máis determinados, resultado dereito
da busca nos motores de internet. (M.C.)
|
13-Xaneiro-2006.
Xestur parece moi interesado
enapoiar a iniciativa do novo polígono industrial a levantar entre
Cerdedo e Soutelo, para o cal xa se ten comprometido na súa
financiación a Diputación de Pontevedra. A superficie da primeira
fase sería duns 750.000 metros cadrados entre o cruce coa estrada que
vai caria Lalín e os lindes co concello de Forcarei. (A Voz de
Galicia)
|