|
31-Xaneiro-2005.
A escritora María Xesús Nogueira será a
pregoeira da V festa da Vincha de Cerdedo que se celebrará o
vindeiro día cinco nesta vila, organizada pola asociación de
mulleres "Espadela" coa axuda do concello, que aporta
6.000 euros e da asociación ecoloxista "Verbo Xido". Como
todolos anos haberá actuacións de música tradiconal, actividades
culturáis, concurso e mercado de productos da terra así como
exposicións de artesanía e, neste caso hasta un poblado galego
tradicional
|
|
|
28-Xaneiro-2005.
Cerdedo terá este ano un presuposto de 1,5
millóns de euros, similar ó do ano pasado. Para a oposición,
demasiados gastos de persoal e dedicación exclusiva do alcalde,
para o partido no governo, os mellores orzamentos que se poden facer.
(A Voz de Galicia)
|
28-Xaneiro-2005.
Fernando Rivas, presidente da asociación
de comerciantes de Forcarei quere que algún dos socios tome o
relevo e poida el deixar a presidencia. Os seus compañeiros na
xunta están dispostos a seguir traballando pero ninguén quere a
máxima responsabilidade. (A Voz de Galicia)
|
|
27-Xaneiro-2005.
O mal tempo tivo a piques da maorte a un
comioneiro leones no lugar de A Ermida (Beariz) cando o seu vehiculo
baixou por un terraplén de sete metros e o conductor quedou
atrapado na cabina. Aínda que as súas feridas non eram
importantes, as baixas temperaturas provocaronlle unha hipotermia xa
que se tardaron hasta tres horas en rescatalo dentre os ferros do
camión
|
27-Xaneiro-2005.
O Concello de Forcarei non quere subir o
recibo pola recollida do lixo pero afirma que non terá máis
remedio se os veciños non colaboran cunha recollida máis
selectiva. O Concello só recolleita a metade do que gasta neste
concepto e o deficit chega ós 85.000 euros cada ano. Tamén se
quere mercar un camión con máis capacidade para aforrar en viaxes
e en reparacións, que o actual xa está moi acabado. (A Voz
de Galicia)
|
|
26-Xaneiro-2005.
Dúas veces máis mortes que nacementos (51
a 26). Esta é o record do concello de Forcarei no ano 2004.
Nembargantes este é un bo dato. Hai que ter en conta que algún ano
foron só unha ducia de nacementos por máis de setenta pasamentos.
4.590 son os veciños neste momento, poucos comparados cos 9.414 dos
anos sesenta, hai solo corenta anos. (A Voz de Galicia)
|
26-Xaneiro-2005.
O Circiuto de Karting de A Madanela ten as
súas obras paradas desde hai casi un ano cando houbo que modificar
o proxecto para que pudese ser homologado pola federación deste
deporte. O alcalde espera reanudar en breve os traballos co fin de
rematar antes do vrán. (A Voz de Galicia)
|
|
26-Xaneiro-2005.
O Concello de Forcarei trata de que a Xunta
de Galicia colabore con unha maior cantidade no mantenemento dos
dous Centros de saúde do concello. A aportación da consellería de
sanidade non chega nin para pagar a metade do consumo de calefación
de cada ano e os edificios están a piques de ter que ser remozados
de xeito importante. Os dous centros son dos poucos que quedan sin
estar conectados a rede informática do SERGAS, polo que
dificilmente poden solicitar citas de especialistas dereitamente nin
dispor de historias clinicas completas. Hai que ter en conta que
aínda que non hai moita poboación, esta é moi vella e está moi
dispersa. (A Voz de Galicia)
|
26-Xaneiro-2005.
Na primaveira que se acerca xa estrá
rematada a nova praza do convento de Aciveiro. Desaparece o palco da
musica, baixa o nivel por debaixo da entrada ó recinto e existirán
hasta tres niveles no chan, de tal maneira que se poida contemplar
adecuadamente o edificio. Será unha praza verde e rural, adecuada
para as procesións e co cruceiro no mismo sitio que está nestes
intres. O cemiterio parroquial seguramente dará paso a unha senda
que permita visitar o abside pola súa parte traseira. (A Voz
de Galicia)
|
|
21-Xaneiro-2005.
Dúas veces xa foron denunciados os
destrozos causados polo gando ceibe nas parroquias de Presqueiras.
Os animáis son dun gandeiro de A Lama pero non se quere facer cargo
dos danos causados.
|
24-Xaneiro-2005.
A Diuputación de Pontevedra respaldou ó
Concello de Forcarei no conflicto que mantén co de Cerdedo polos
lindes entrambos concellos. O actual linde data de 1942 pero os
forcareicenses afirman que se fixo coa presenza só dos veciños de
Cerdedo, mentras que o anterior, do ano 1890 está perfectamente
marcado e conservanse todolos puntos fixados. A pregunta é ¿Quen
fixo os deslindes de 1942 que tran de cabeza a todolos concellos.
(A Voz de Galicia)
|
|
21-Xaneiro-2005.
O vertedeiro pechado no monte de Deán, en
Cerdedo pasará a ser un mirador con zona recreativa, mesas, sillas
de pedra e parrillas para que os cerdedenses poidan disfrutar no que
foi o lugar de recollida do lixo. (A Voz de Galicia)
|
21-Xaneiro-2005.
O Concello de Forcarei ten pensado abrir un
rexistro de reservas para aquelas empresas que desexen implantarse
nalgún dos polígonos industriais. Cinco son xa as interesadas por
si se leva a remate a ampliación deste chan industrial previsto nos
orzamentos do concello.
|
|
19-Xaneiro-2005.
A Asociación ecoloxista da Terra de
Montes "Verbo Xido" ten mandado cartas a varios persoeiros
emparellados co tema do AVE e o seu paso polos concellos da
comarca para rexeitar este paso e explicar que este tren non
melloraría a vertebración interna da bisbarra nin de Galicia.
Aparte desto, afectaría de xeito importante a dous espacios
protexidos pola rede Natura 2000 como son a Serra do Cando e as
veiras do Lérez. (A Voz de Galicia)
|
20-Xaneiro-2005.
Cerdedo consigueu unha nova aportación de
360.000 euros da Xunta de Galicia para unha fase máis do que se
quere que sexa unha residencia para as persoas maiores. Queda aínda
moito que facer pero pénsase contar con quince habitacións nos 360
metros cadrados dos que consta o edificio que se está a
remozar. (A Voz de Galicia)
|
|
17-Xaneiro-2005.
Veciños de Cuíña, na parroquia de
Quireza, reclaman ó novo alcalde de Cerdedo a construcción dun
centro cultural para reunións, cursos, festas, etc. O alcalde di
que non existe ningunha casa que poida ser dedicada a este destiño,
pero que tratará de levantala coa axuda das institucións
provinciais. (A Voz de Galicia)
|
18-Xaneiro-2005.
Forcarei gasta cada ano 172.000 euros na
recollida do lixo, e cobra a metade aproximadamente ós veciños,
polo que o deficit chega ós 85.000 euros. As solucións pasan por
unha recollida selectiva que baixe a factura ou pola subida das
tasas. Tamén se pensa mercar outro camión de máis capacidade, que
afoore viaxes e reparacións. (A Voz de Galicia)
|
|
17-Xaneiro-2005.
Estase actualizando o catastro no concello
de Forcarei e lévanse contados máis de 140 novas construccións e
outras 560 modificacións de edificios desde a revisión levada a
cabo na pasada década. O Concello quere actualizar o IBI xa neste
mismo ano. (A Voz de Galicia)
|
17-Xaneiro-2005.
Hasta un 15% terá que disminuir os
investimentos o Concello de Forcarei. A baixada importante na
poboación obriga a deixar algúns plans para outra ocasión.
Haberá, de calquer maneira, cartos para a compra de chan industrial
nos polígonos de Cachafeiro e Vilapouca que están ás veiras da
súa capacidade. (A Voz de Galicia)
|
|
17-Xaneiro-2005.
A empresa Taboada e Ramos comenzará a
vindeira semán as obras da canteira da Murada, na parroquia de
Castrelo (Forcarei) para a súa conversión no novo vertedeiro de
inertes (escombros da construcción. (A Voz de Galicia)
|
17-Xaneiro-2005.
En Dúas Igrexas (Forcarei) acábase de
solicitar unha axuda do Plan Leader Montes para a rehabilitación de
vivendas con obxecto de dedicalas ós nosos maiores en reximen de
comunidade. Así poderían seguir vivindo no perto do seu ambinte e
estarían atendidos por unha xente competente. (A Voz de
Galicia)
|
|
17-Xaneiro-2005.
Abre as súas portas a nova gardería
infantil de Cerdedo. Contan con entre oito e dez nenos cada día dos
33 que ten o concello con menos de tres anos. O horario será de
oito da mañán a oito da noite e os nenos estarán o tempo que seus
páis o desexen. (A Voz de Galicia)
|
17-Xaneiro-2005.
Por terceira vez, o Concello de Forcarei
solicitará o aporveitamento dun parque eólico municipal na
parroquia de Aciveiro. Serían dous xeneradores cunha potencia total
de tres megavatios. (A Voz de Galicia)
|
|
17-Xaneiro-2005.
O vindeiro día cinco de Febreiro
celebrarase en Cerdedo a "Quinta festa da vincha"
organizada pola asociación de mulleres "Espadela". O
Xurado para o concurso xa está nomeado e conta con cargos
políticos e varias cociñeiras de profesión. (A Voz de
Galicia)
|
17-Xaneiro-2005.
Morreu en Forcarei Francisco Filgueiras
Gulías, Alcalde deste concello desde o ano 1949 hasta o 1974.
Artífice da mellora da vila de Forcarei, que pasou de ser unha
pequena aldea a un pobo con importante actividade, non foi tan
apreciado noutras aldeas máis pequenas polo abandono na que as
deixou. (M.C.T.)
|
|
10-Xaneiro-2005.
Este mes rematarán as obras no casco vello
de Cerdedo e no edificio da Cámara Agraria por parte dos alumnos da
escola taller deste concello. Tamén os alumnos da rama forestal
rematarán o deseño da senda do Pai Sarmiento. (A Voz de
Galicia)
|
10-Xaneiro-2005.
Unha empresa dedicada á fabricación de
armarios empotrados vai instalarse no polígono de Vilapouca, e
terán un desconto de hasta un 60% na tasa de construcción por
parte do concello sempre e cando acrediten a creación de a lo menos
quince postos de traballo. (A Voz de Galicia)
|
|
3-Xaneiro-2005.
Xosé Luis Jorge Caramés deixou de ser
alcalde de Cerdedo e o seu cargo foi ocupado polo seu xenro Xosé
Balseiros. Caramés foi alcalde predemocrático (que nón
antidemocratico) desde xullo de 1974 hasta as primeiras eleccións e
desde aquel tempo resultou elexido por maioría cada vez que se
presentou. Mailuz Castro Gil, do PP, ocupará a praza que queda
libre. Tamén no BNG de Cerdedo hai relevo xa que Roberto Blanco
sustituirá a Isidro Peleteiro, polo que os dous elexidos nas
derradeiras eleccións xa ten dimitido e foron sustituidos polos que
ocuparos os postos cinco e seis na lista. (A Voz de Galicia)
|
3-Xaneiro-2005.
Entre as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra
de Montes ten perdido no último ano máis de dous veciños cada
día. Non sendo Lalín que aumenta hasta 50 veciños, todolos
demáis concellos perden poboación, incluido A Estrada e Silleda.
Os concellos máis pequenos son os que máis perden (A Golada 197).
É certo que os censos estaban un pouco "hinchados" en
moitos concellos pero esta perda non deixa de ser desastrosa para o
noso desenrolo. (A Voz de Galicia)
|