|
9-Xaneiro-2004.
O Xurado
Provincial de Montes desestimou unha vez máis o derradeiro recurso
dos veciños de Zobra a respecto da disputa sobre 310 hectareas
que pertenecen na actualidade á parroquia da Madanela. Para este
recurso, o xurado considera que non son suficientes coas declaración
xuradas dos interesados sobre o uso que lle daban ó monte e deixa
como única opción ós de Zobra a de seguir recurrindo xa pola vía
Xudicial. Debe terse en conta que de ser estimado o recurso habería
que cambiar os lindes dos concellos de Forcarei e Lalín, o que
parece pouco probable. (A Voz de Galicia)
|
9-Xaneiro-2004.
A ampliación da hospedería de Aciveiro
obriga a sacar a concurso de novo a súa explotación. Varias empresas
mostraron xa o seu interese aínda que non hai ofertas en firme. Este
nadal, o aloxamento integrado na cadea francesa de luxo Relais du
Silence estivo perto do 80% de ocupación. (A Voz de Galicia)
|
|
8-Xaneiro-2004.
Os veciños de Forcarei seguen sin ver
rematadas as obras da estrada que sai da vila caria Soutelo. Estas
obras comenzaron no vran pero paráronse por mor duns postes de
teléfono sin cambiar e así siguen aínda. (A Voz de Galicia)
|
8-Xaneiro-2004.
Cerdedo non mandará o lixo a SOGAMA hasta
que o vertedeiro sexa pechado definitivamente. A previsión era
comenzar o pasado un de xaneiro pero o alto custo fai que o concello
trate de aforrar o máis posible. (A Voz de Galicia)
|
|
7-Xaneiro-2004.
A Asociación cultural "Espadela" quere
editar un libro cos villancicos recollidos polo concello de Cerdedo
|
8-Xaneiro-2004.
Os comerciantes de Forcarei buscan ós
gañadores dos premios sorteados o pasado nadal. Nin o aparato de
televisión nin o DVD ten aínda ningún dono. (A Voz de Galicia)
|