29-Xaneiro-2001.
O temporal de
vento, choiva e neve estase a cebar con Galicia e, como non, co a
Terra de Montes. Dende o mes de outono non para de chover, e os
derradeiros días foi o vento o que esnaquizou tellados, antenas e
chimeneas. Fálase xa do inverno máis choivoso coñecido e os
labregos pensan no estado do agro cando veña o tempo da sementeira. (M.C.)
|
19-Xaneiro-2001.
As
aldeas de Cobas e Outeiro, do concello de Cerdedo non acaban de
autorizar o comenzo das obras da "Reserva natural Terra de
Montes". O alcalde de Cerdedo (J. Caramés) comprometeuse a ter
listas as 80 hectareas para primeiros de Xaneiro, pero esto non parece
ser así, po lo que podería desplazarse a construcción caria outras
parcelas. Os pobos afectados recibirían unhas 15.000 pts. por ano
e por hectarea cedida de terreo. (O Correo Galego)
|