28-Setembro-2006.
david Raposeiras e Belén Cachafeiro,
Alcalde e teniente alcalde respectivamente de Forcarei, viaxarán a
Venezuela para participar na Festa do Salmón e da Richada de Caracas
o vindeiro día 8 de outubro. A festa está organizada polos
emigrantes da zona residentes na capital venezolana e os políticos
forcareicenses terán a ocasión de visitar as hirmandades que alí
tén constituidas. (A Voz de Galicia)
|
29-Setembro-2006.
Expertos en comunicación de toda
Europa participarán nun curso da Universidade Internacional Menéndez
Pelayo en Aciveiro. Será entre o 18 e o 20 de outubro e versará
sobre "Os medios e as empresas de comunicación modernas en
relacción coas culturas e lingoas minoritarias". (A Voz de
Galicia)
|
25-Setembro-2006.
A parroquia de Zobra está rematando
as obras no que foron vivendas dos mineiros, no lugar da Trigueira
para o seu uso como apartamentos turísticos. Tamén se queren
rehabilitar varias pontes (A Cabana e Portomartiño) e deseñar novas
rotas de sendeirismo, para o que se conta con un orzamento de 120.000
euros. (A Voz de Galicia)
|
26-Setembro-2006.
60.000 euros será o prezo mínimo
dos novos chaléts de protección oficial de Cerdedo. Este importe
solo será para familias de baixo nivel adquisitivo poto que o prezo
da construcción será de uns 87.000 euros, e este será o seu valor.
Tamén se conta coas oito vivendas que forn dos maestros do centro
escolar que xa son de titularidade municipal pero que deben ser
rehabilitadas. (A Voz de Galicia)
|
23-Setembro-2006.
Entre os vindeiros días 16 de
outubro e 25 de novenbro terá lugar na casa da Xuventude de Forcarei
un curso de poda e prevención de incendios, promovido pola
Asociación Mulleres de Forcarei e financiado pola Consellería de
Medio Rural. (A Voz de Galicia)
|
23-Setembro-2006.
Hoxe celébrase en Cerdedo a
primeira Xuntanza dos nosos Maiores da Terra de Montes. Hai apuntadas
unhas 450 persoas e actuarán os Diplomáticos do Acordeón,
Pandeireteiras de Barro e o dúo Malecón. (A Voz de Galicia)
|
14-Setembro-2006.
As cinco parcelas do polígono
industrial do Sangal (Cerdedo), entre 2.400 e 5.100 metros cada unha)
san nestes días a concurso para a súa ocupación. (A Voz de
Galicia)
|
14-Setembro-2006.
Comenza o sementado nos montes
queimados neste pasado mes de Agosto nos concellos de Forcarei e
Cerdedo, co fin de fixar a terra e que non sexa arrastrada pola auga. Serán sementes de herva, trebol, toxo e xesta e nesta tarefa
colaborarán voluntarios actualmente acampados en Pontemaril (Unhas 50
persoas). Tamén se recollen sementes de árbores autóctonos
para cando o tempo se poida proceder con estas especies. (A
Voz de Galicia)
|
06-Setembro-2006.
60.000 euros serán investidos pola
Xunta na reparación da carpintería exterior do colexio de Forcarei.
A calefación, falsos teitos, cuberta e instalación eléctrica, tanto
neste centro como no instituto Chano Piñeiro, terán que esperar a
outros anos. (A Voz de Galicia)
|
11-Setembro-2006.
O vindeiro sábado día 23 de
setembro celebrarase unha "Festa da terceira edade" conxunta
entre os concellos de Forcarei e Cerdedo. Será neste último concello
e haberá misa, comida, baile e actuacións dos grupos locais Os
diplomáticos do acordeón e as Pandeireteiras de Barro. (A Voz
de Galicia)
|
06-Setembro-2006.
40 son os cabalos recuperados pola
asociación Rapa das bestas dos que pastaban no monte do cadabo, hoxe
totalmente queimado. De momento están sendo alimentados con forraxe
subvencionado pola Xunta (A Voz de Galicia)
|
06-Setembro-2006.
O Concello de Forcarei vai levar a
cabo unha investigación, aldea por aldea, sobre os incendios deste
vran, para averiguar as causas, magnitudes, opinións e necesidades
dos afectados. Unha traballadora do concello será a encargada de
visitar cada lugar. (A Voz de Galicia)
|
01-Setembro-2006.
Detido en Bugarín, na parroquia de Castro
(Cerdedo) un home de 52 anos acusado de prender o lume que causou
dúas mortes neste concello a primeiros do mes de agosto, aínda que
tamén se lle acusa ter prendidos outros 92 incendios desde o ano
2002. Trátase dun home moi coñecido nas aldeas pola súa enfermedade
de alcoholismo. (A Voz de Galicia)
|
06-Setembro-2006.
Despois de que Medio Ambiente negara
esta posibilidade a primeriros deste ano por ser moi cara, o gran
incendio no Concello de Cerdedo pode traer algunhas medidas como a
implatación dunha planta de biomasa que xeneraría electricidade a
partir dos restos de desbrozamento e limpeza do monte. (A Voz de
Galicia)
|