29-Setembro-2005.
O lume segue arrasando a comarca.
Onte foi unha casa abandoada e un alpendre en Dúas Igrexas,
afortunadamente sen desgracias persoales porque a vivenda que estaba
xunto a éles non resultou afectada. Hoxe ardeu o monte en Meavía e
en Zobra, perto dos parques eólicos, arderon varias hectareas de
monte baixo. (A Voz de Galicia)
|
|
21-Setembro-2005.
Cerdedo comenza as obras do seu novo
Centro sociocultural que sustituirá á biblioteca actual. As obras
costarán perto dun millón de euros dos que 180.000 son aportados
polo Plan Leader Montes. O importe restante debe ser aportado pola
Consellería de Cultura da Xunta e polo Concello ó longo de varias
anualidades. (A Voz de Galicia)
|
23-Setembro-2005.
O Concello de Forcarei vai
xestionar o seu parque eólico singular a través dunha empresa que se
ocupará da instalación e mantenemento dos 3 Megavatios e pagará ó
Concello unha porcentaxe dos seus ingresos. (A Voz de Gaalicia)
|
15-Setembro-2005.
O Concello de Forcarei sacou a
concurso as obras de construción da primeira fase do novo edificio
multiusos de Soutelo, que contan
con un orzamento de 240.000 euros e comprenden a estructura e outras
obras menores. O auditorio contará con biblioteca, auditorio e lugar
de exposicións. (A Voz de Galicia)
|
16-Setembro-2005.
277.000 euros serán
investidos pola Deputación Provincial de Pontevedra no remate das
obras de mellora e ensanche da estrada entre Soutelo e Ratél. Tamén
hai cartos para o novo vial de acceso ó Mosteiro de Aciveiro e para
as obras da estrada entre San Miguel e Sta Mariña de Presqueiras
dentro da que vai entre Cerdedo e Sto. Domingo. (A Voz de
Galicia)
|
8-Setembro-2005.
Xosé Balseiros, Alcalde de Cerdedo,
entrevistouse coa nova conselleira de vivenda, Teresa Táboas, para
coñecer o estado dos proxectos de vivendas sociais coa chegada da
nova xunta ó poder autonómico. Hai que lembrar que este proxecto xa
estaba comprometido na súa primeira fase e o concello xa ten
habilitados os terreos. (A Voz de Galicia)
|
13-Setembro-2005.
Os veciños de Quintelas (Dúas
Igrexas) piden que o alcantarillado que lle está construíndo a
Deputación chegue a todalas casas e non ás da rúa principal como se
está facendo. Parece ser que o orzamento destiñado a este fin non
chega e haberá que esperar a unha segunda fase para que este desexo
poida cumplirse. (A Voz de Galicia)
|
5-Setembro-2005.
Só 320 das 12.854 hectáreas que
forman o Concello de Forcarei están a labradío. A superficie
aporveitada non chega ás 3.000. Esto da idea da caida do agro neste
concello, situación que non é moi diferente en calquera dos outros
dous concellos da bisbarra. Por certo, Forcarei conta con 4.616
habitantes, 391 persoas de menos de 15 anos, 58 inmigrantes, 115
persoas no paro (4,4%, a metade da media provincial), 2.215 vivedas
das que 1595 son fogares principais e 2061 coches. (A Voz de
Galicia)
|
5-Setembro-2005.
Princesa, unha becerra de Pereira
(Forcarei) foi a gran vencedora da Feira da Becerra selecta de A
Estrada. Esta feira puxo en solfa a mellora na recría e xenetica
dentro da gandeiría da comarca. (A Voz de Galicia)
|