|
30-Setembro-2004.
Os veciños de Sabucedo elixirán nas urnas o
día en que se baixará o gando para a vindeira
Rapa das Bestas. A
idea é baixalo o venres para traballar sen presa e ganar un día de
festa. Aparte desto, a Asociación estima que o lobo matou este
vran a lo menos cinco cabalos salvaxes, polo que está seriamente
preocupada, xa que nunca os ataques foran tan importantes. (A
Voz de Galicia)
|
30-Setembro-2004.
O novo "Punto de atención á infancia" ou
gardería de día de Cerdedo vai retrasar a súa posta en funcionamento
alomenos hasta o vindeiro mes de novembro pola falta dalgúns
materiais. Mentras tanto, en Forcarei andan pensando en solicitar un
novo obradoiro de emprego para rehabilitar o muíño de Cotelo, no
lugar da Ponte, que será convertido en "Aula de observación da
natureza". (A Voz de Galicia)
|
|
29-Setembro-2004.
Os afectados pola parcelaria realizada na
parroquia de Pereira (Forcarei)
seguen sin porse dacordo e ameazan con chegar ós tribunais. Hasta
este momento, a pesar de ter recurrido varias veces, a Xunta non ten
recoñecido ningún "agravio comparativo" entre os veciños nin
irregularidades importantes. (A Voz de Galicia)
|
29-Setembro-2004.
Rematouse de construir unha pista forestal
entre o lugar de Espindo e o campamento de Pontemaril. Esta pista
comunica o lugar coa vila de Forcarei e dalle servicio a moitas das
explotacións agrarias dos veciños. (A Voz de Galicia)
|
|
24-Setembro-2004.
O Concello de Cerdedo publicará na súa web
ofertas de casas rurais vellas ou reconstruídas, tanto da vila como
de calquer outra parroquia. Este é un intento de atraer xente ó
concello, que está amosando unha despoboación alarmante. (A
Voz de Galicia)
|
29-Setembro-2004.
A Xunta de Galicia, por medio da Dirección
Xeral de Patrimonio, financiará a restauración do retábulo da igrexa
do convento de Aciveiro. Os vindeiros presupostos xa terán en conta
esta obra datándoa con 44.000 euros. (A Voz de Galicia)
|
|
21-Setembro-2004.
Despois de varios anos desaparecido, o
Atlético Forcarei volve a competición, e faino ganando no seu campo
por dous goles a cero. Este equipo, do que sairon homes como Manolo
Canabal, chegou a militar na segunda división rexional. (A Voz
de Galicia)
|
23-Setembro-2004.
¡Increíble pero certo!, O colexio público
de Soutelo ten que abrir unha nova aula para acoller as novas
inscripcións (12 neste curso). Desde hai algúns anos vense
producindo un certo aumento da natalidade en todo o concello de
Forcarei, quezais pola volta dalgúns emigrantes. Este ano xa ten
acontecido 21 nacementos contra 17 en todo o ano 2003. Mentras tanto
en Cerdedo pensan en facer festa cada vez que unha muller alumbre un
rapaz (Seis no que vai de ano). (A Voz de Galicia)
|
|
15-Setembro-2004.
O tendido eléctrico que pasa fronte da
igrexa de Soutelo será soterrado pola rúa que pasa pola parte
posterior do templo. Para esta lobor xa existe un presuposto da
Xunta, o Concello e Unión Fenosa que chega hasta os 76.000 euros.
Tamén se ten solicitado que se faga o mesmo na praza do mosteiro de
Aciveiro. (A Voz de Galicia)
|
16-Setembro-2004.
Manuel Campos Toimil será o novo edil do
concello de Cerdedo polo BNG, para sustituir a Dionisio Pereira, que
dimite do seu cargo. (A Voz de Galicia)
|
|
10-Setembro-2004.
Cerdedo celebrará o vindeiro día 17 unha
Festa da terceira edade a veira do río Lérez, con xuvilados e
pensionistas. Mentras tanto, en Forcarei xuntáronse duascentas
persoas na verbena en Pontemaril polo mesmo motivo. Os dous
persoeiros máis vellos do Concello son Francisco Muradás, de 96
anos, veciño de Soutelo, e Herminia Rivas, de 98 e veciña de Espindo
(Forcarei). (A Voz de Galicia)
|
12-Setembro-2004.
Cando se cumpren cinco anos da existencia
desta web, o que xa lle da unha certa maioría de edade,
trasladámonos a unha nova casa, unha casa só para nós:
www.terrademontes.com
Alí contaremos con máis espacio, un
enderezo moito máis sinxelo de recordar e outras moitas ventaxas con
vistas a unha sustancial mellora. Polo de pronto xa se pode ir
votando unha ollada, sobre todo á nova presentación das fotografías
da Visita Virtual. (M.C.)
|
|
9-Setembro-2004.
O Repetidor de TV do monte Limeres, que da
señal a Cerdedo e parte de Folgoso vai ser trasladado ó Seixo, perto
do albergue, desde onde se recibirá a señal en moito mellores
condicións. (A Voz de Galicia)
|
9-Setembro-2004.
Os cazadores da sociedade de caza de
Forcarei ten que decidir sobre a imposición de contratación dun
seguro para pagar os danos ocasionados pola fauna salvaxe
(principalmente o xabarín). O custo pode ser duns 24.000 euros, o
que dificulta moito a súa viabilidade. (A Voz de Galicia)
|
|
6-Setembro-2004.
O PXOM de Cerdedo apenas ten xenerado
queixas cando só faltan dúas semáns para terminar o prazo para facer
alegacións ou preguntas. Por outra banda, o obradoiro de emprego, na
rama de canteiría, comenzará a vindeira semán os seus traballos
neste concello co arranxamento das rúas da vila. Os de forestais xa
levan algún tempo pondo en marcha unha rota de sendeirismo. (A Voz
de Galicia)
|
8-Setembro-2004.
Aciveiro celebra hoxe a romaría da Virxen
dos Remedios. Haberá actuacións de gaiteiros, almorzo na carballeira
con polvo e carne ó caldeiro e pola noite verbena con orquesta e
discoteca hasta a mañán. O xoves tamén haberá verbena. (A Voz
de Galicia)
|
|
2-Setembro-2004.
O Concello de Cerdedo está rematando as
obras do vello colexio para o seu funcionamento como gardería de
día para nenos. Quérese que a primeiros do mes que ven poida estar
funcionando. (A Voz de
Galicia)
|
3-Setembro-2004.
O Concello de Forcarei instalará 35 novos
contedores amarelos para a recollida selectiva do lixo. A idea é
que cada punto de recollida teña un destes contedores para latas,
plasticos e outros envases. Tamén andan a buscar financiación
para mercar un novo camión con que levar o lixo a Silleda xa que o
actual ten perto dos quince anos. (A Voz de Galicia)
|