30-Setembro-2003.
Un veciño de Beariz resultou condenado a
unha pena de oito meses de carcere por un lume provocado. O lume
non causou danos importantes, pero o veciño, ó parecer non pagou as
sancións correspondentes e a audiencia de Ourense acabou mandando
que entrara no carcere. (A Voz de Galicia)
|
|
26-Setembro-2003.
A asociación "Verbo Xido" coa axuda de
fondos do plan "Leader Plus" editará unha completa guía da Terra de
Montes, con múltiples aspectos desta comarca. Tamén se está a piques
de presentar a web sobre o Centro Etnográfico, que será
oportunamente anunciada nestas páxinas. (A Voz de Galicia)
|
26-Setembro-2003.
Os veciños de Soutelo presentaron unha
protesta pola suspensión de varios viaxes da liña Ourense-
Pontevendra, de tal maneira que se deixaron as menos útiles (as do
mediodía). (Faro de Vigo)
|
24-Setembro-2003.
Catro alumnos do Instituto Chano Piñeiro,
de Forcarei foron premiados co Diploma de Honor de Humanidades,
convocadom polo colexio San Viator de Madrid polo traballo
"Aproximación Sociolóxica ós cambios significativos na percepción
social do rol femenino na comarca de Terra de Montes". O estudo
recolle entrevistas con vintecatro veciños entre 15 e 80 anos.
(A Voz de Galicia)
|
26-Setembro-2003.
Dúas novas empresas asentaranse
próximamente no polígono industrial de Cachafeiro (Forcarei). Unha
dedicada á construcción e outra á fabricación de ensamblaxes de
aluminio e PVC para portas e ventanas. (A Voz de Galicia)
|
22-Setembro-2003.
A variane de Cerdedo segue a ser obxecto de
debate. O alcalde anunciu que a pista de frenado será modificada
antes de que remate este ano e que o ministerio tamén señalizará a
pendente entre Folgoso e Cerdedo, e que a variante, con un
presuposto de uns 42 millóns de euros, podería aparecer nos
presupostos deste ano. (A Voz de Galicia)
|
22-Setembro-2003.
Os veciños de Ventoxo
estrean "Casa do Pobo" tras habilitar a antuga vivenda da casa
escuela. Costou uns 34.000 euros, pagados pola Comunidade de montes
en man común de Ventoxo coa axuda da Xunta (3.600 euros) e da
Deputación (6.000 euros). (A Voz de Galicia)
|
19-Setembro-2003.
O Concello de Cerdedo presenta hoxe a sua
nova bandeira, con motivo da celebración da XIX festa da terceira
edade. (A Voz de Galicia)
|
21-Setembro-2003.
O Circuito de karting de Soutelo costará
521.876 euros e estará rematado dentro de seis meses. O investimento
correrá de conta da Deputación Provincial. (A Voz de Galicia)
|
18-Setembro-2003.
A asociación cultural "Verbo Xido"
celebrará o vindeiro sábado unha asmblea na que se renovará a
xunta directiva, incorporando ó periodista Manuek Blanco Rivas e o
escritor Carlos Solla. Constantino Gonzalez seguirá ó frente da
asociación.
|
18-Setembro-2003.
O diputado nacional do BNG Guillerme
Vázquez estudiou sobre o terreo as posibilidades de circunvalación
da N-541 por Cerdedo e a pouca eficacia da pista de area actual coa
intención de levar a cabo un seguimento en Madrid do proxecto e da
obra. (A Voz de Galicia)
|
15-Setembro-2003.
Hoxe ponse en marcha en Forcarei unha
experiencia pioneira nesta comarca de atención á infancia.
Trátase dun servicio de gardería gratuito que funciona nun local
do concello, polo cal cando un pai ou unha nai ten algúnha
ocupación puntual pode deixar alí o neno, sin ter que
"apuntarse" antes. Ten unha capacidade para quince nenos e
un presuposto de 16.000 euros, dos cales 13.000 serán aportados
pola Consellería de Familia e o resto polo concello. (A Voz
de Galicia)
|
17-Setembro-2003.
A portavoz do PSOE de Forcarei, Ana Doval,
presentou no concello unha moción que insta ás distintas
administracións a tomar medidas para reducir os acidentes no cruce
de Cachafeiro. (A Voz de Galicia)
|
3-Setembro-2003.
A Xunta de Galicia e o Concello de Forcarei
van construir unha senda entre o Mosteiro de Aciveiro e o Alto de
Candán. A Xunta aportará 19.135 euros e o concello porá os
terreos. A ruta sendeirísta servirá para dar a coñecer a riqueza
de fauna e flora da zona e terá uns cinco kilometros de lonxitude.
(A Voz de Galicia)
|
8-Setembro-2003.
As obras do vial que comunica Forcarei coa
estrada de Silleda están paradas por mor de tres postes de
Telefónica que quedan no medio da vía. Aínda que xa hai tres
meses que se fixo a solicitude, estes siguen sin ser cambiados de
sitio. (A Voz de Galicia)
|
2-Setembro-2003.
Remataron onte as festas dos Doores, en
Forcarei. Por fin chegou o bo tempo e a procesión pudo sair con
toda a solemnidade. O sabado actuou Missiego, e os
tres días houbo verbena hasta a madrugada. O Concello entregou
insignias a varias personalidades e mantén na súa sala de
exposicións unha de pintura de Gabriel Barros Soto. (A Voz de Galicia)
|
3-Setembro-2003.
A parroquia de Aciveiro celebra o vindeiro
luns as suas festas patronais na honra da Virxe dos Remedios.
Actuarán o grupo de gaitas "Os Alegres" e a Nova Banda de
Gaitas de Vilatuxe. Pola noite, verbena con "Noche de
Estrellas" e "Cliclón". O martes serán
"América" e "Os Tonechos", grupo de humoristas
da Televisión de Galicia. (A Voz de Galicia)
|
1-Setembro-2003.
Cada vez máis parece que Francisco Rozados
"Rochi" monopoliza a vida cultural do Concello de Forcarei
e da Terra de Montes. Se hai pouco máis dun mes sacaba á luz Memoria
de Trasdomonte, hoxe é a Biografía de Chano Piñeiro,
un libro sobre o cineasta pioneiro no cine galego, nacido en
Forcarei. Non se trata só dun libro que conte a vida de Chano,
senón que trata de reflectir o pensamento das xentes da Terra de
Montes a través deste importante persoeiro. A obra conta con imaxes
inéditas, algunha das cales foron doadas pola viuva de Chano. (M.C.)
|
1-Setembro-2003.
732.499 Euros é o presuposto para o
obradoiro de emprego de Forcarei, que dará traballo a 45 persoas
nas actvidades de albanel e canteiro, xardiñeiro e carpinteiro. Uns
traballarán na restauración do convento de Aciveiro mentras que os
xardiñeiros tratarán de recuperar varias zonas verdes do concello.(A Voz de Galicia)
|