26-Setembro-2002.
Ponse en
marcha o Plan Leader de Montes, que comparten os concellos de
Forcarei, A Estrada, Cerdedo, outros catro máis. O Convenio
definitivo será firmado o 16 de Outubro, pero xa se coñecen máis
dunha ducia de proxectos considerados viables. (A Voz de
Galicia)
|
27-Setembro-2002.
O vertedeiro
de Cerdedo tamén vai a ser pechado nos vindeiros meses e o concello
incorporarase ó sistema de xestión do lixo de SOGAMA. (A Voz de
Galicia)
|
13-Setembro-2002.
As vivendas
sociais construídas en Soutelo serán entregadas ós seus novos
donos antes do fin deste ano. Estas vivendas contarán con garaxe,
trasteiro e unha zona verde ó seu arredor. (Faro de Vigo)
|
15-Setembro-2002.
As
Asociacións "Verbo Xido" e "Espadela" van viaxar a Villafranca del
Bierzo como remate ós autos de celebración do ano de Frei Martín
Sarmiento. Alí visitarán tamén Astorga e León e serán acollidas
polas asociacións "Fala Ceibe" e "Escola de Gaitas", defensoras da
cultura galega no Bierzo. (Faro de Vigo)
|
06-Setembro-2002.
Neste mes
vaise inaugurar en Beariz a nova residencia
geriátrica, con capacidade para 54 internos. O envellecemento da
poboación fai que este tipo de servicios sexa de primeira
necesidade para todo-los concellos da bisbarra. (A Voz de
Galicia)
|
12-Setembro-2002.
Na igrexa
parroquial de Pardesoa tivo lugar un
incendio, sin ningunha dubida intencionado, que queimou unha das
portas do templo. O suceso tivo lugar a mediodía e foi unha
veciña que rezaba no camposanto a que avisou ós veciños do Sixto
para que axudaran a apagar o lume. Os danos non son moi grandes pero
os veciños móstranse algo amedrentados polo que ocurreu.
(Faro de Vigo)
|