24-Setembro-2001.
Os obreiros comenzaron as reformas e
reparacións no Centro Médico de Cerdedo, con un presupostoi de 7
millóns de pesetas. Tamén neste concello esperase que unha firma
siderurgica con uns 15 operarios sea ap primeira en instalarse na nova
área industrial que se está a preparar.
|
24-Setembro-2001.
Os pescadores de Forcarei e da
Estrada acordaron repartise e explotar conxuntamente a pesca do río
Umia. Con este evítanse conflictos entre eles e asegurase a súa
adxudicación
|
18-Setembro-2001.
Os nenos de xoves de Sabucedo terán
a súa Rapa Infantil o primeiro de outubro. Esperase que se chegue a
cerca de douscentos cabalos no curro e miles de invitados dos colexios
dos arredores, que non terán clase esa mañán.
|
21-Setembro-2001.
Cerdedo xa ten bandeira. Acaba de
ser aprobada polo Concello da Xunta e terá como cores o azul e o
bermello, sobre o que estarán o escudo do concello e o año pascual
encima do libro dos sete sellos.
|
14-Setembro-2001.
Os pais dos alumnos do IES
"Chano Piñeiro" de Forcarei solicitanlle a Consellería de
educación da Xunta a construcción dun novo instituto, xa que coidan
que ese edificio non reune concdicións para albergalo e ameazan con
non mandar ós nenos ás aulas. O Conselleiro, Sr. Fraga Boullosa
négase a recibilos, xa que afirma que xa se celebraron tres reunións
e os pais só queren "aparecer na foto" con fins políticos,
dada a proximidade das eleccións. Afirma tamén que xa se investiron
30 millóns en reparar as deficiencias que presentaba o edificio.
|
14-Setembro-2001.
O lume prendeu nun pallar do lugar
de Vilar, na parroquia de Millerada. Aínda que tamén chegou a casa
na que habitaban seis persoas, entre os veciños e os bombeiros de
Cerdedo e Forcarei puderon apagalo antes de que os danos se fixesen
irreparables
|
2-Setembro-2001.
O Concello de Beariz acaba de por en
marcha unha campaña informativa para a recollida selectiva do lixo,
correspondente a súa entrada en SOGAMA. Por todas as aldeas
mostraranse carteis cos indicativos de cada tipo de lixo e a coor que
lle corresponde.
|
2-Setembro-2001.
A Festa dos maiores, organizada polo
Centro Social de Forcarei nas instalacións do campamento de
Pontemaril, congregou a unhas duascentas persoas que xantaron,
bailaron e divertíronse o longo de todo o pasado día 1 deste mes.
|