31-Outubro-2007.
O Concello de cerdedo
solicitou a Conselleiría de Industria dúas axudas para a implantación
da administración electrónica no concello e para dar ós veciños un
acceso inalámbrico a internet. En conxunto trtaríase duns 120.000
euros de orzamento. (A Voz de Galicia)
|
|
28-Outubro-2007.
2.000 racións, cinco
euros polas tres carolinas de barro, xente de toda Galicia en Soutelo
e a organización desbordada pola inesperada demanda. Foi a IX Festa
do Cogumelo de Soutelo de Montes. A máis dos tradicionais cogumelos
con arróz, con xavarín e con callos, cando a cantidade de xente
rematou as existencias, improvisaron xudias con chourizo, acelgas e
tod o que puderon. O caso é que ninguén quede sin comer. Aparte da
degustación na carpa (e fora dela polo bo tempo e a cantidade de
xente) houbo ruta ciclista (140 participantes), outra de sendeirismo,
concurso de cestas e outros productos da terra. (A Voz de
GAlicia)
|
28-Outubro-2007.
A Asociación Rapa das
Bestas e a cooperativa Monte Cabalar participan nun plan experimental
de aporveitamento cárnico do gando en libertade desenrolado polo Cenro
Tecnolóxico da Carne de Galicia, dependente da Consellería de Medio
Rural. A asociación de Sabucedo xa explicou que este non é un modelo a
seguir para eles, xa que só se pensan dedicar á promoción turística da
zona, pero sempre se pode obter algún beneficio paralelo. (A Voz
de Galicia)
|
25-Outubro-2007.
O comité de festexos
de Soutelo, aínda antes de ter elexidos os seus cargos, quere
empezar con tempo este ano e xa ten previsto comenzar a traballar
nestas datas. Un pase de cine no local da Comunidade de Montes, venta
de lotería, contacontos, etc. Todo para que Soutelo non se quede sin
festas como ven pasando outros anos. (A Voz de Galicia)
|
26-Outubro-2007.
Directivos da
asociación Rapa das Bestas están xa traballando co Concello de A
Estrada para ver que poden mellorar no entorno da festa agora que ten
o distintivo de "Festa de interese internacional". O
aparcamento e o camping son algunhas das posbles actuacións. (A
Voz de Galicia)
|
24-Outubro-2007.
O Concello de
Forcarei aprobará este venres a ampliación do polígono industrial
de Vilapouca. Son 110.000 metros cadrados de monte veciñal que
se urbanizarán para este menester. As peticións dos comerciantes e
industriais do concello de ampliar tamén o polígono de Cachafeiro e
levantar outro en Monte Meao (As Casetas) non terán resposta de
momento porque Urbanismo rexeitou o primeiro e o segundo obligaría a
expropiar leiras privadas, o que sibiría moito o prezo. (A Voz
de Galicia)
|
24-Outubro-2007.
Os veciños de San
Marcos e Sixto (Pardesoa) e Ventoxo, todos eles no concellos de
Forcarei, está redactando as alegacións ás obras do AVE que
afectará ós accesos e as traídas de auga que abastecen as casas.
Tamén se verán afectadas as traídas de Soutelo e as estradas de
Soutelo a Ratel,
San Marcos a Presqueiras e San Marcos a Sixto. Queda por coñecer o
emplazamento das escombreiras, que poden ter moita importancia polo
tránsito de camións e polo lugar que ocupan. (A Voz de Galicia)
|
19-Outubro-2007.
Os veciños da
parroquia de A Madanela (Forcarei) gañaron o litixio
que, polos lindes do monte de Trasdomonte, tiñan coa parroquia de
Zobra (Lalín). É a terceira instancia na que a xustiza da a razón
os de Forcarei. Este litixio afectaría ós propios lindes dos
concellos e dura perto de dez anos. Os veciños de Zobra quérense
acoller a un documento de hai dous séculos que describe un lide máis
favorable para eles, aínda que tamén exista unha división
posterior, entre este documento e o linde actual, que é moi favorable
para os veciños da Madanela. Estes últimos, dan por boa a división
actual, que é a que marcan os camiños, o aporveitamento do monte e,
sobre todo, o sentido común. (M. C.)
|
19-Outubro-2007.
O Concello de
Forcarei lanza unha oferta de emprego público para cubrir trinta
prazas no obradoiro de emprego que terá lugar na aldea de Leboso (Quintillán).
Serán doce meses e ofertará as modalidades de Horticultura
ecolóxica e Fruticultura ecolóxica. (A Voz de Galicia)
|
12-Outubro-2007.
Os concellos de
Forcarei e Cerdedo andan estes días informando ós paisanos dos
detalles do paso do AVE por estas terras e das posibilidades de
presentar alegacións. Aínda que os datos non son moi concretos,
veránse afectadas as parroquias de Pardesoa e Ventoxo en Forcarei e
Folgoso, Cerdedo, Figueiroa e Pedre no de Cerdedo. Non toca
dereitamente ningunha casa pero si pasará polas terras de labranza de
varias aldeas. (A Voz de Galicia)
|
17-Outubro-2007.
Ábrese a Residencia
de Maiores e Centro de día de Cerdedo aínda que non está
inaugurado. os profesionais que traballarán nela irán
incorporándose nos vindeiros días según se vaian facendo as
seleccións oportunas. (A Voz de Galicia)
|
10-Outubro-2007.
A Asociación
cultural e ecolóxica da Terra de Montes "Verbo Xido"
presentará alegacións ó trazado do AVE polos concellos de Forcarei
e Cerdedo. Os dous trazados propostos pasan perto de núcleos de
poboación, de elementos do noso patrimonio cultural ou de acuiferos e
traidas de auga. Hai afectadas mámoas do Neolítico, rotas se
sendeirismo como a das POntes do Lérez e aldeas de especial interese
como Pedre e Vichocuntín. (Faro de Vigo)
|
10-Outubro-2007.
A Universisade
Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) programará entre o 17 e o 20
deste mes de outubro no Mosteiro de Aciveiro un curso que terá por
título "Europa ante o desafío da reordenación do sistema
mediatico". O prezo pola asistencia é de uns 123 euros. (A
Voz de Galicia)
|
07-Outubro-2007.
A IX edición da
festa do Cogumelo en Soutelo será este ano o vindeiro 28 deste mes,
para evitar que coincida coa final do campeonato galego de Karting que
se celebrará no novo circuito de A Madalena. Este ano, os asistentes
que o desexen terán tres pratos coas tres especialidades que se
sirven, máis pan e bebida, por cinco euros e terán que facer unha
sola fila. Como sempre haberá concurso de cestas, feira de productos
da comarca e, por primeira vez, rotas cicloturistas e de sendeirismo.
(A Voz de Galicia)
|
10-Outubro-2007.
Os estudos e
simulacións en ordenador dan como conclusión que o AVE por Cerdedo
vai ter serios problemas para chegar ós 300 km/h que se estiman. A
causa son as fortes pendentes e a dificil orografía da nosa terra.
(A Voz de Galicia)
|