31-Outubro-2006.
O alcalde de Forcarei, David
Raposeiras, solicitou a axuda do concello de Beariz para levar a cabo
as melloras previstas no vial Soutelo - Ratel. Este último lugar
está situado entre ambolos dous municipios. (A Voz de Galicia)
|
|
30-Outubro-2006.
Confortlastic é a empresa que
adquireu todalas parcelas do polígono industrial do Sangal, no
concello de Cerdedo, e que xa está iniciando os cursos de formación
para os traballadores da zona. Esta empresa está dedicada á
fabricación de sofás, somierers, camas, etc. e tén na actualidade
varias fábricas pequenas noutras localidades que pensa concentrar no
novo centro de Cerdedo onde contará con máis de cen traballadores.
(A Voz de Galicia)
|
30-Outubro-2006.
Inaugúrase en Quireza a nova área
recreativa así como melloras na igrexa parroquial dos castros (Seculo
XVI) e no cemiterio. As obras foron levadas a cabo coa axuda dos
veciños, do concello e outras institucións. (A Voz de Galicia)
|
30-Outubro-2006.
O Concello de Forcarei cederá
terreos en Levoso (Quintillán) para a construcción den observatorio
astronómico e un planetario promovidos pola Fundación Ceo. Está
prevista un investimento de 220.000 euros e a súa posta en marcha
permitiría convertilo en destino de excursións formativas de
estudantes de toda a provincia. Non obstante, o observatorio estaría
aberto tamén ó público xeral. A ausencia de contaminación
lumínica e a causa da elección deste emplazamento, xa que outros
lugares con boas condicións están xa ocupados polos parques
eólicos. (A Voz de
Galicia)
|
30-Outubro-2006.
David Raposeiras, alcalde de
Forcarei, anda buscando a colaboración da dirección de turismo da
Xunta para a finalización das melloras no entorno do Mosteiro de
Aciveiro. Xa están rematados os traballos no cenobio, na igrexa e nos
accesos pero quérese mellorar a visita creando un sendeiro que
permita ver a ábsida románica, un dos mellores atractivos do
conxunto. (A Voz de Galicia)
|
22-Outubro-2006.
520.000 euros aportará a
vicepresidencia da Xunta de galicia para rematar a residencia de
ancianos de Cerdedo. Esta residencia terá 22 plazas fixas e 150
externos na súa actividade como centro de día. (A Voz de
Galicia)
|
22-Outubro-2006.
73 litros por metro cadrado foi a
auga recollida onte en Forcarei, no que foi un dos días de máis
choiva dos derradeiros anos. Esta cantidade de auga deixou viales
cortados en varias aldeas e arrastrou ás leiras e estradas o lodo dos
incendios deste pasado vran. (A Voz de Galicia)
|
19-Outubro-2006.
Alejandro Gómez, parlamentario
autonómico, pideu no parlamento a declaración de "Zona
catastrófica" para Forcarei e cerdedo a causa dos lumes deste
vran. (A Voz de Galicia)
|
19-Outubro-2006.
No entorno de Cerdedo ocuuriron este
venres varios actos vandálicos contra a señalización vial e
turística. Destrozos, pintadas de orixen político, etc. (A Voz de
Galicia)
|
12-Outubro-2006.
A universidade Internacional
Menendez Pelayo aplaza o encontro sobre a comunicación que se tiña
pensado celebrar este mes en Aciveiro por problemas en moitos dos
ponentes. A idea é que se vova a programar en vindeiras datas (A Voz
de Galicia)
|
12-Outubro-2006.
Confortlastic S.L., unha firma do
sector de sofás e tapicerías é a empresa que se adxudicou a
totalidade da superficie do pilígono do Sangal (Cerdedo) onde pensa
instalar a súa fabrica e dar emprego a máis de cen traballadores. A
empresa, que pagou 30 euros por metro cadrado, quere empezar a súa
producción no mes de xaneiro. (A Voz de Galicia)
|