23-Outubro-2005.
A Asociación "Amigos da Terra
de Montes" presentou na biblioteca de Soutelo ó seu novo
presidente, José Raposeiras Correa, e á súa nova xunta directiva
elexidos na asamblea xeral que se celebrou este vran. Son persoas
novas, con desexos de darlle á asociación máis dinamismo e
relevancia. Tamén se anunciou a publicación dun libro para
conmemorar o XXV cumpleanos da asociación, que terá lugar no
2007. (A Voz de Galicia)
|
29-Outubro-2005.
Mentras o Concello de Forcarei quere
chegar a un acordo cos veciños de Castrelo
para a apertura definitiva do vertedoiro de inertes, en Cerdedo xa
poderán usar o seu punto limpo dous días por semán. O uso deste
vertedoiro é gratuito pero deben ser os veciños os que acerquen alí
os seus enseres e os depositen nos conteñedores apropiados. (A
Voz de Galicia)
|
19-Outubro-2005.
Hasta mil rapaces, da bisbarra e de
fora dela, poderán acudir á Rapa Infantil que se celebrará en
Sabucedo o vindeiro día 2 de novembro. O espectáculo xuntará máis
de cen cabalos e durará perto de dúas horas, polo que os nenos das
escolas dos concellos veciños poderán volver a comer ás súas nos
autobuses postos á súa disposición de xeito gratuito. (A Voz
de Galicia)
|
22-Outubro-2005.
Forcarei inaugura hoxe un telecentro
con oito ordenadores e acceso gratuito a internet. Permañecerá
aberto de dez da mañán a oito da noite e de luns a venres e estará
supervisado por un técnico. A posta en funcionamento contou co apoio
da Deputación Provincial de Pontevedra polo que o Concello só tivo
que encargarse dos ordenadores. (A Voz de Galicia)
|
14-Outubro-2005.
O Plan "Leader" levará a
Soutelo (Forcarei) un museo da música tradicional e a Cerdedo outro
da pedra. O primeiro servirá para promocionar as figuras dos
gaiteiros da bisbarra e o segundo para dar a coñecer ós canteiros
que deron sona a este concello en medio mundo. (A Voz de
Galicia)
|
18-Outubro-2005.
O vindeiro día 13 de novembro
celebrarase en Soutelo a VII festa do cogumelo. Como sempre haberá
concurso de cestas, esta vez con 480 euros en premios (240 para o
gañador). amáis dos callos con cogumelos, arroz con porco bravo e
setas e outros manxares, tasmén hai feira de productos gastronómicos
da bisbarra. A festa celebrarase dentro dunha carpa por si o tempo non
acompaña. (A Voz de galicia)
|
14-Outubro-2005.
A Mancomunidade de Montes de Cerdedo
pedirá unha cuadrilla de limpeza dos montes coa idea de protexelos
dos incendios forestais no vran. Tamén queren deseñar unha ruta de
sendeirismo, a creación dunha piscifactoría ou un campamento. (A Voz de Galicia)
|
13-Outubro-2005.
O auditorio do Centro Social
caixaNova de Vigo acollerá a presentación do documental "Sempre
Xonxa en Petín, homenaxe ó cineasta forcareicense Chano Piñeiro. O
documental conta a experiencia dos veciños de Petín de Valdeorras
que participaron na rodaxe desta película, a primeira galega en
formato de cine comercial. (A Voz de Galicia)
|
6-Outubro-2005.
A Asociación Rapa das Bestas de
Sabucedo quere promocionar unha ruta de sendeirismo polos muíños e
un aserradeiro hidraulico que funcionou na parroquia. (A Voz de
Galicia)
|
11-Outubro-2005.
Os Concellos de Forcrei e Cerdedo,
que están a piques de por en funcionamento os seus parque eólicos
singulares, ten acordado que a empresa adxudicataria reparta co
concello os beneficios e non cobrarlles un canon fixo, que era a outra
opción. (A Voz de Galicia)
|