|
|
|
27-Outubro-2004.
O Vindeiro Domingo día 31 de outubro terá
lugar en Soutelo a sexta edición da "Festa do Cogumelo".
Repartiranse máis de cen kilos deste manxar na Praza do Gaiteiro,
que contará con unha carpa cedida polo concello. Yolanda Vilar e
María Victoria Cosme son as promotoras dunha festa que por catro
euros permitirá degustar as máis variadas receitas con que pode
presentarse o cogumelo. Haberá concurso de cestas (480 euros de
premio) e venderanse productos da Terra de Montes.
|
|
26-Outubro-2004.
O Concello de Forcarei quere homologar o
novo Centro de Formación de A Freixeira para impartir novos cursos
de medio ambiente, carpinteiro ou restaurador, amáis dos de textil e
informática que xa se dan actualmente no centro de Forcarei. Mentras
tanto, en Soutelo comenzan as obras de mellora da rede de
abastecemento de auga. (A Voz de Galicia)
|
27-Outubro-2004.
As empresas do concello de Forcarei que
facturen máis de un millón de euros verán aumentado os seus pagos
por IAE. As vivendas sociais de Soutelo contarán, por contra, con
unha bonificación dun 50%. Esta modificación está apoiada alomenos
polo PP e máis polo PSOE (A Voz de Galicia)
|
25-Outubro-2004.
1.600 nenos de quinto e sexto cursos de
primaria procedentes de toda Galicia participan hoxe en Sabucedo na
"Rapa Infantil". Esta modalidade da festa solo se celebrou antes
dúas ou tres veces. ( A Voz de Galicia)
|
26-Outubro-2004.
O alcalde de Cerdedo quere pedirlle ó
Conselleiro de Política Territorial da Xunta que se axilice a
construcción das vivendas sociais e a mellora de varios viales. Para
esto pideu unha entrevista que terá lugar o vindeiro día dous de
Novembro. (A Voz de Galicia)
|
22-Outubro-2004.
O alcalde de Forcarei, David Raposeiras,
quere pedirlle ó Conselleiro de Agricultura da Xunta de Galicia, que
visita a Terra de Montes, que lle dé un pulo as concentracións
parcelarias nas parroquias de Millarada e Dúas Igrexas, así como a
mellora de certas infraestructuras no concello. (A Voz de
Galicia)
|
25-Outubro-2004.
Hasta 150 novas construccións incorpora o
novo catastro no concello de Forcarei dende o que se levou a termino
no ano 1990. Este traballo inclue as ampliacións de naves e vivendas
pero non tocará o valor catastral das que non foron modificadas
desde a data antes citada. (A Voz de Galicia)
|
18-Outubro-2004.
A escola-Obradoiro de forestais que
funciona en Cerdedo mellorará os arredores dos muiños e limpará a
ruta "Frai Martín Sarmiento". Os aprendices de canteiro e albanel
traballan mentras na mellora das rúas da vila. (A Voz de
Galicia)
|
22-Outubro-2004.
O Concello de Cerdedo informa que o importe
que se paga a SOGAMA pola recollida dos mil kilos diarios de lixo é
de 1200 euros ó mes ós que hai que sumar o gastos do camión que fai
o traslad a Silleda dúas veces por semán. (A Voz de Galicia)
|
14-Outubro-2004.
O parque de Venezuela, en Soutelo, será
todo el unha carballeira con bancos. O parque infantil que
actualmente acupa parte da súa superficie será trasladado perto da
piscina. (A Voz de Galicia)
|
15-Outubro-2004.
A gardería infantil que se quere abrir en
Cerdedo a primeiros do vindeiro mes de Novembro terá capacidade para
quince nenos e de momento contará con dous traballadores. Esta
cantidade debería ser aumentada nun máis si se quere cubrir a
totalidade dos turnos. (A Voz de Galicia)
|
14-Outubro-2004.
O Obradoiro de emprego de Forcarei ten
rehabilitado o vello mercado da Freixeira en Centro formativo, así
como algúns alpendres do Mosteiro de Aciveiro e outros traballos no
seu interior. Tamén se mellorou a carballeira de Forcarei e a zona
recreativa de Cotelo. (A Voz de Galicia)
|
14-Outubro-2004.
Manuel Campos Toimil será o novo
concelleiro do BNG no Concello de Cerdedo, en sustitución de
Dionisio Pereira, que dimiteu do seu cargo por razóns personais.
(A Voz de Galicia)
|
13-Outubro-2004.
Sabucedo celebrou unha votación para
acordar o día de baixada do gando para a festa da Rapa. Pois ben, o
resultado foi de empate entre os que querían adiantala ó venres e os
que queren deixar as cousas como están. Tomouse a decisión de
prolongar o tempo de votación dous días máis haber si acudían algúns
dos veciños que non o fixeron pero o resultado segueu sendo de
empate, polo que todo seguirá como hasta estes intres. (A Voz
de Galicia)
|
13-Outubro-2004.
Soutelo acollerá o vindeiro 31 deste
mes a VI Festa do Cogumelo, con degustación popular de varias
recetas por un prezo de tres euros. Ó mesmo tempo celebrarase unha
feira de productos da terra. (A Voz de Galicia)
|
8-Outubro-2004.
201.169 euros a unha empresa de Forcarei,
7.677 a outra e 35.949 a unha de Cerdedo, son as axudas da
consellería de Industria para apoio ó tecido industrial da Terra de
Montes. O ano pasado estas axudas foron de 194.320 euros para todo
Tabeirós-Montes (Incluído o concello de A Estrada) (A Voz de
Galicia)
|
13-Outubro-2004.
Unha empresa abrirá no Cachafeiro o
primeiro tanatorio da Terra de Montes. Contará con unha axuda do 25%
do investimento total por parte do Plan Leader Montes. A
Localización debese a proximidade tanto de Forcarei como de Soutelo
e outras moitas aldeas destas parroquias e de Millarada. (A
Voz de Galica)
|
5-Outubro-2004.
Sabucedo organizará este mes (probablemente
o día 25) unha Rapa das bestas para escolares, a petición do
Concello da Estrada. Tamén se quere facer unha festa de hirmandade
coa localidade de Almonte, en Huelva, que celebra a festa da "Saca
de Yeguas". A ser posible, ambalas dúas destas coincidirán no mesmo
día. A Asociación organizadora quere que a cambio, o concello
amplie o curro. (A Voz de Galicia)
|
8-Outubro-2004.
Outro recurso dos veciños de Zobra sobre o
monte en disputa cos de Trasdomonte foi rexeitado polo Xurado
provincial de clasificación de montes en man común. Este conflicto
parece ser o conto de nunca acabar ante a insistencia nos recursos
dos veciños (algúns, posto que na derradeira xunta case tivo lugar
un empate) en recurrir as sentencias unha e outra vez. (A Voz
de Galicia)
|
4-Outubro-2004.
Os veciños da parroquia de
Sta Mariña de Presqueiras ven
como os cabalos salvaxes, ó parecer dun tratante de A lama, acaban
coas colleitas cada pouco tempo. Nalgúns casos parece que hasta
houbo ameazas para que non escorrentaran os animais. (A Voz de
Galicia)
|
4-Outubro-2004.
Os presupostos do estado para o ano 2005
recollen unha cantidade de 280.000 euros para a variante da N-541 o
seu paso por Cerdedo, presumiblemente para o proxecto da obra. Esta
variante partirá de perto do Sangal, pasando pola parte alta da vila
e volvendo ó trazado actual perto da gasolinera. (A Voz de
Galicia)
|
|
|
|