29-Outubro-2001.
O Alcalde de Cerdedo,
Xosé Caramés, está tratando de que a futura variante da N-541
pase o máis cerca posible do lugar. Desta maneira poderanse relizar
máis dun acceso, sobre todo pola banda de caria Pedre.
|
29-Outubro-2001.
Forcarei elixeu o novo (nova neste
caso) Xuez de Paz. Recaeu o cargo en en María Isabel Cachafeiro.
Tamén se aprobou a creación do Taller de Emprego local que
sustituirá o de Aciveiro. Solicítase para eso 87 millóns á
Consellería de Familia da Xunta, e tense intención de crear 36
empregos.
|
29-Outubro-2001.
Hoxe recibirán o título de
propiedade das parcelas que lles corresponden, os promotores do
polígono empresarial de Cachafeiro (Forcarei). A Construcción debe
estar rematada antes dos dous anos desta data.
|
24-Outubro-2001.
Francisco Rozados "Rochi",
Teniente Alcalde do concello de Forcarei, é o ganador do XII
premio de narrativa "Camilo José Cela" coa obra Unha
Campá na congostra de Rebordechao. Un
galardón moi importante para un bó amigo destas páxinas.
|
| 22-Outubro-2001.
Resultado
das eleccións Autonómicas na Terra de Montes:
Municipio
P. P.
P.S.O.E.
B.N.G.
E. U.
Forcarei
1.855 (65,2%) 491 (17,3%)
456 (16,0%) 6 (0,2%)
Cerdedo
678 (57,3%) 250 (21,1%)
241 (20,4%) 1 (0,1%)
Beariz
784 (92,6%)
28 (3,3%) 30
(3,5%) 1 (0,1%)
GALICIA
(53,8%)
(23,4%)
(19,1%) (1,3%)
|
22-Outubro-2001.
A directiva da asociación
"Rapa das Bestas" presentou a dimisión e abre un proceso
electoral. Non queren a reelección pero si non hai outros
seguirán. Queren que todo-los parroquianos se comprometan a
traballar, tendo en conta que se trata da parroquia menos poblada do
Concello da Estrada (Solo 100 hab. dos que moitos están fora) e os
traballos que ocasionan os cabalos do santo son moitos.
|
21-Outubro-2001.
As Comunidades de montes do
Testeiro (Irixo), A Candosa están en pleito polos lindes dos seus
montes. Precisamente nestes intres en que Gamesa está a instalar
alí un parque eólico e hai cartos a repartir. O mismo pasa entre
os de Zobra e Trasdomonte, aínda que esto xa ven de antes.
|
21-Outubro-2001.
Hoxe deben acercarse ás urnas
perto de 10.000 electores da Terra de Montes para elexir ós nosos
representantes no Parlamento Galego. Debe terse en conta a
importantísima cantidade de residentes no exterior (28% do censo en
Cerdedo), fundamentalmente en América do sur.
|
16-Outubro-2001.
Forcarei
precisa un novo camión para a recollida do lixo. Os anos, a pouca
capacidade e o lonxe que ten que ir (a planta do Sogama de Silleda)
fan aconsellable cambialo por outro de máis capacidade.
|
16-Outubro-2001.
Espadela, asociación de mulleres
de Cerdedo, abre na Casa de Cultura unha mostra de fotografías
antigas, que vai desde os orixes deste arte, no seculo XIX hasta
mediados deste. Participará entre outros Virxilio
Vieitez.
|
15-Outubro-2001.
Entre Codeseda e o límite entre
os concellos de A Estrada e Forcarei vaise levantar unha cerca o
longo da estrada C-541 para que os cabalos de San Lourenzo de
Sabucedo non poñan en perigo os automovilistas. Deixaránse
entradas e saídas para uso da xente e os animáis, pero que impidan
a estes utilizalas por si sós.
|
15-Outubro-2001.
Francisco Rozados "Rochi,
Teniente Alcalde do Concello de Forcarei e Xerente do PRODER da
Terra de Montes fai resumen dende A Voz de Galicia do funcionamento
deste plan, e móstrase moi satisfeito. Centrado no turismo rural,
pasouse as prazas ofertadas de 20 a 75, os establecementos de tres a
oito, realizouse a sinalización turística de Cerdedo e Beariz, un
albergue para a Escola de Parapente en Cerdedo, un área recreativa
fluvial en Forcarei, dous centros de rutas a cabalo, reabilitación
dunha cerería tradicional e a elaboración de guías turísticas e
histórico-artisticas da Terra de Montes. Total, 336 millóns de
pesetas. solo se volveron atras tres proxectos por un total de 64
millóns.
|
5-Outubro-2001.
A "A.P.A." do colexio de
Forcarei vai aportar parte dos seus fondos para o arranxo dalgunha
das carencias do edificio que o alberga. Como só conta con 2164
Euros (360.000 pts.) non chegará a moitas delas, pero a intención
é inmellorable.
|
1-Outubro-2001.
A Rapa infantil xuntou en Sabucedo
a perto de 1200 estudantes da bisbarra e fora dela. A pesares da
choiva, os xoves aloitadores cubertos por bolsas de lixo a maneira
de chubasqueiros, cumpliron coa obriga e levaron o curro uns 200
cabalos e fixeron que a festa non desmerecera da dos maiores.
|
|
1-Outubro-2001.
Virxilio
é protagonista dende o día de hoxe da mostra "Explorafoto 2001" da
Universidade de salamanca. Comparte este protagonismo con clasicos
como Richard Avedon ou Robert Freeman. Aparte doutras actividades
culturais, explorafoto conta con 19 mostras que permanecerán abertas
ata o 31 deste mes. (O Correo Galego
|
|