25-Outubro-2000.
A Asociación
"Amigos da Terra de Montes" reúnese na biblioteca de
Soutelo para o cambio da súa directiva. O novo presidente é o Sr.
Jaime Iglesias, con Francisco Rozados (Rochi) como vicepresidente e Mª
Carmen García de Secretaria. A Asociación, que xa cumple 20 anos,
conta na actualidade con 250 socios. (A Voz de Galicia)
|
20-Outubro-2000.
Na parroquia de
Pereira (Forcarei) estase levando a cabo a
Concentración Parcelaria, algo moi necesario para que as explotacións
agrarias desta terra sexan algo rentables. Estímase que das 3869
parcelas van quedar unhas 725, con extensión media de 11000 metros
cuadrados. A máis desto debense levar a cabo actuacións nos camiños
de acceso as leiras e outras obras de acondicionamento. (A Voz de
Galicia)
|
20-Outubro-2000.
A Asociación
de Amigos da Terra de Montes vai estar subvencionada po la Deputación
Provincial con 75.000 pts. Moito non é, pero algo poderase facer. Tamén
se lle conceden 300.000 a Sociedade Deportiva Soutelo para o arreglo
dos vestiarios do campo de futbol, e 200.000 a sociedade "Flor de
Toxo", que xestiona a escola de Música de Forcarei. (A Voz de
Galicia)
|
18-Outubro-2000.
¡O
Concello de Forcarei ten 4998 habitantes!. Dito
así non parece ter moita importancia, pero eso vai supor unha baixa
de categoría e de ingresos procedentes do estado. No derradeiro ano
houbo 73 falecidos e soo 37 nacementos, po lo que, con seguridade, o
feito vai ir a peor nos anos que ven. O municipio trata de correxir o
censo e ter en conta os emigrantes retornados, pero dado o
envellecemento da poboación parece dificil evitar que se baixe dos
5000 habitantes por primeira vez na historia. A solución está en que
a xente xoven non se vaia traballar fora e para eso fan falta postos
de traballo. Unha cooperativa textil é o primeiro intento serio que
se fai. De momento soo ten oito cooperativistas pero esperase que a
idea sexa un éxito. (A Voz de Galicia)
|
18-Outubro-2000.
Por certo,
neste censo Soutelo ten 429 habitantes e
segue a ser o núcleo de poboación máis importante da bisbarra.
Forcarei ten 408. aínda que tenden a igualarse dsdo que hai máis
nenos en Forcarei. (A voz de Galicia)
|
18-Outubro-2000.
Entre os xabaríns
e o gando ceibe, cada día é máis dificil recoller as colleitas
inteiras. En boa parte da Terra de Montes o porco bravo estase
convertendo nunha epidemia, xa que está protexido po la lei e non
pode ser cazado. Os cabalos e vacas ceibes po los nosos montes, ou
mellor, a irresponsabilidade dos seus donos, fan o resto. Os veciños
de Vilar (Figueróa) acaban de reter dez
cabalos hasta que os donos se fagan cargo dos danos feitos por eles no
millo e nas hortas. O aumento da explotación deste gando e o abandono
das leiras de cultivo po lo envellecemento da poboación tamén axuda
a que as poucas que quedan sexan máis accesibles para este gando. (M.C.)
|
10-Outubro-2000.
No vindeiro mes
empezarán as obras dunha residencia geriatrica con 56 prazas e un
presuposto de 200 millóns de pesetas no concello de Beariz. Esta
residencia creará uns 20 postos de traballo, que según o alcalde
Manuel Prado ten especial importancia, dado o progresivo retorno de
emigrantes da América que se ten que producir. (A Voz de Galicia)
|
9-Outubro-2000.
A maior
parte das pequenas aldeas da Terra de Montes non poden ler estas páxinas.
O porqué está unha vez máis nos seus teléfonos, que funcionan
(Cando funcionan) con tenoloxía celular (a que se utiliza nos móviles).
O ancho de banda é tan pequeno que fan imposible unha conexión a
Internet con un mínimo de calidade, e si queremos intentalo teremos
velocidades como moito de 4.600 bps cando o normal hoxe son os 56.600
bps. A esta velocidad de vertigo, esta páxina tarda en cargarse uns
dez minutos e algunhas con grandes efectos multimedia, varias horas.
Eso si, non hai perigo de tardar tanto porque sempre se corta antes a
comunicación. (M.C.)
|
1-Outubro-2000.
As empresas de
Turismo Activo de toda España reúnense na nova hospedería de San
Gonzalo das Penas, no Mosteiro de Aciveiro. A organizadora é "Turnauga",
a adxudicataria desta hospedería e das actividades que se moven o seu
arredor. (A Voz de Galicia)
|
|