29-Novembro-2006.
A Consellería de Vivenda asumirá o
custo de rehabilitación das oito vivendas dos maestros próximas ó
grupo escolar, que serán dedicadas a un alquiler protexido. (A
Voz de Galicia)
|
29-Novembro-2006.
En Cerdedo comenzou a construcción
dos doce chalets dedicados a vivenda protexida para os que xa hai
máis de sesenta solicitudes. Tamén se rehabilitarán as casas dos
maestros e outras vivendas na rúa da Constitución. (A Voz de
Galicia)
|
18-Novembro-2006.
Todo-los concellos terán que asumir
a partir do 1 de xaneiro un aumento na factura de electricidade xa que
desaparece a bonificación que viñan disfrutando hasta esta data. Só
no de Forcarei, o gasto por este concepto é xa duns 20.000 euros cada
dous meses e verase aumentado no vindeiro ano. Esto pon en perigo o,
xa de por si escaso, presuposto do concello. (A Voz de Galicia)
|
18-Novembro-2006.
Mil serán as racións que se
repatirán na XIII Festa da Richada en Forcarei, que se celebrará o
vindeiro día tres de decembro. A Asociación de mulleres de Forcarei
serán as encargadas de cociñar os 150 kilos de carne para a
ocasión. A cunca de barro con richada, pan e biño terá un prezo de
tres euros. A festa contará con outras moitas actividades paralelas
(entre elas unha concentración de Seat 600) e nos restaurantes
haberá un menú común con un prezo único de 18 euros. (A Voz
de Galicia)
|
13-Novembro-2006.
Forcarei quere homologar o seu
escudo (que xa foi deseñado hai anos e terá que ser lixeiramente
reformado para este trámite) e a súa bandeira, que será totalmente
nova e da que só se sabe que será dunha cor verde característica da
Terra de Montes. (A Voz de Galicia)
|
18-Novembro-2006.
Soutelo inaugura o seu novo ximnasio
habilitado no pavillón da localidade. A primeira actividade será un
curso de ximnasia de mantemento duns tres meses de duración. (A
Voz de Galicia)
|
13-Novembro-2006.
A firma soutelana Amorodo lanzará
ó mercado unha marmelada de tomate e outra de pementos confitados.
Xuntaranse a outros moitos productos ecolóxicos que xa ven fabricando
e que se venden en tendas especializadas e por internet. (A
Voz de Galicia)
|
13-Novembro-2006.
A Dirección Xeral de turismo
financiará con cargo ós presupostos do vindeiro ano a mellora do
entorno do mosteiro de Aciveiro. Trátase de afirmar o chan do
aparcamento e colocar protección na praza con bolardos que impidan
que os coches entren nela. (A
Voz de Galicia)
|
13-Novembro-2006.
O bo tempo fixo que todas as
existencias de cogumelos, carne, arroz, e todo o que se puxo por
diante se esgotasen onte en Soutelo. O filloeiro funcionou hasta
pasadas as tres da tarde e os eloxios ás cociñeiras e organizadoras
foron unánimes. María Dolores Villaverde, María Iglesias e Alba
barreiro foron as ganadoras do concurso de cestas no partado de adutos
mentras Iván González e Estela Barreiro fixérono no infantil e o de
productos da terra foi para Carmiña "a Macoca". O mellor
stand recaeu no de Mari, Geli e Suso.
(A Voz de Galicia)
|
13-Novembro-2006.
Cerdedo quere potenciar a súa Festa
do Xabarín con iniciativas como un percorrido de caza, un safari
fotográfico co xabarín como tema, un concurso de tiro ou inha feira
de cans. A feira celebrarase o primeiro fin de semán de Abril e, dado
que a tempada de caza xa comenzou, algúns animais xa están nnos
conxeladores dos cazadores do concello. (A Voz de
Galicia)
|
9-Novembro-2006.
A Asociación Verbo Xido inaugura de
novo o monumento ás victimas da guerra civil en Cerdedo, que foi
danado antes do acto inaugural previsto. (A Voz
de Galicia)
|
12-Novembro-2006.
Soutelo repartirá hoxe máis de 200
kilos de setas na octava edición da Festa do Cogumelo que se
celebrará na carpa situada na plaza dos gaiteiros. A festa estará
acompañada por cantidade de actividades prellas como feira de
productos da terra, actuacións musicais, etc. (A Voz de Galicia)
|