26-Novembro-2005.
Os cazadores de Cerdedo e o Concello
andan pensando como por en marcha unha festa gastronómica que teña
como protagonista a carne do porco bravo. Este animal, que está
inzando nos campos da comarca, é cazado en batidas cada certo tempo
para evitar os danos nos labradíos. A festa podería ter data en
xaneiro. (A Voz de Galicia)
|
|
21-Novembro-2005.
O Concello de Forcarei comenzará a
cobrar polos servicios da gardería desde o vindeiro mes de xaneiro.
Serán 25 euros de matrícula e 100 cada mes pola xornada completa ou
50 pola metade da xornada. Tamén se modificaron as cantidades que se
cobrarán ós vendedores ambulantes e ás tendas polo IAE. (A
Voz de Galicia)
|
21-Novembro-2005.
O vial entre Cachafeiro e Vilapouca
está medio aparcado pola Xunta de Galicia desde o cambio de goberno.
Esta obra remata o camiño entre A Estrada e Soutelo, que tanto ben
fai á bisbarra posto que comunica Soutelo e Forcarei entre eles e
ambolos dous coa Estrada e tamén con Deza. Por esto anda o alcalde
Raposeiras pedindo que se cumpla o prometido (A Voz de Galicia)
|
13-Novembro-2005.
Uns 200 kilos de boletus, níscalos
e cantarelus, todo con xabarín, patacas ou callos, repartiranse hoxe
na séptima festa do cogumelo en Soutelo de Montes. Todo nuha carpa
instalada na praza do gaiteiro, onde tamén haberá concurso de cestas
e unha exposición de productos da terra con postos de venta. As
organizadoras son, como sempre Yolanda Martínez e María Victoria
Cosme. (A Voz de Galicia)
|
14-Novembro-2005.
O alcalde de Cerdedo anda buscando
unha cita cos responsables do ministerio de Fomento para conseguir a
volta por esta institución dos tramos da N-541 que quedaron sen
servicio e hoxe son rúas de algunhas aldeas. Tamén quere melloras na
nova estrada. Por outra banda, quere que a Xunta de Galicia remate as
obras do centro de día e residencia da terceira edade.
|
9-Novembro-2005.
O vertedoiro de inertes que o
Concello de Forcarei ten na canteira vella da Murada está sin porse a
funcionar por mor da enerxía eléctrica. Parece que os veciños
tiñan o acordo coa empresa concesionaria da canteira de que se
retiraría a liña cando a canteira deixara de funcionar pero non foi
así e agora queren cobrar por seguir deixando paso polas súas
fincas. O Concello vailles facer unha oferta económica para chegar a
un acordo canto antes. (A Voz de Galicia)
|
9-Novembro-2005.
Cine na praza, un magosto con
castañas para gratis todos, churrasco e música popular polas rúas
son parte do programa de Forcarei para celebrar o seu patrón, San
Martiño o vindeiro día 11. Este día é festa local na vila e
permanecerán pechados os comercios e as oficinas. Os veciños queren
recuperar unha festa bastante abandoada nos últimos tempos e este
pode ser o primeiro ano. (A Voz de Galicia)
|
8-Novembro-2005.
A organización da vindeira Festa da
Richada quere por un prezo simbólico de un ou dous euros á ración
que se repatirá este ano. O fin é que non se existan casos de abuso
que deixen sin comia ós menos madrugadores. (A Voz de Galicia)
|
8-Novembro-2005.
David Raposeiras, alcalde de
Forcarei, anda tras da Delegación de Traballo da Xunta para conseguir
un novo obradoiro de emprego, que sería o terceiro. As negociacións
estaban avanzadas co anterior governo pero hai que comenzar de cero
despois das eleccións. (A Voz de Galicia)
|
1-Novembro-2005.
A Rapa Infantil prevista para o
vindeiro mércores día 2 non poderá ser celebrada polas malas
condicións metereolóxicas que se prevén para esas datas. Aínda que
o tempo mellorara xa non é posible xuntas os cabalos, xa que estes
baixan caria as carballeiras co mal tempo e faise moi didicil a súa
localización. Polo de pronto non hai data para este festexo, sendo
probable que non teña lugar este ano. (A Voz de
Galicia)
|
2-Novembro-2005.
Unha empresa anda buscando terreos
para construir un tanatorio en Cerdedo. Sería un recinto pequeno, con
dous salóns e outros servizos adicionais como cafetería, etc. (A Voz de Galicia)
|