29-Novembro-2004.
A
organización ecoloxista da Terra de Montes Verbo Xido remitirá
cartas ós alcaldes da comarca opondose á construcciób do AVE que
está previsto que pase polos concellos. Estiman que non vai
vertebrar Galicia senón comunicala só co exterior para algúns con
capacidade de pagar o importe.
(A Voz de Galicia)
|
29-Novembro-2004.
O Concello de Cerdedo
vai firmar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para
rexenerar o espacio do vertedeiro municipal de lixo, que
recentemente foi pechado a este servicio. O investimente pode
alcanzar uns 150.000 euros.
(A Voz de Galicia)
|
26-Novembro-2004.
A empresa
hidroeléctrica Iberdrola estuda a posibilidade da instalación dun
novo parque eólico no monte da parroquia de Pardesoa, en concreto no
alto de Costoia, entre os concellos de Beariz e Forcarei. Pola súa
banda, o Concello de Forcarei ten solicitado xa varias veces a
instalación dun parque de propiedade municipal que hasta este intres
sempre lle foi rexeitado.
(A Voz de Galicia)
|
26-Novembro-2004.
A gardería de Cerdedo
xa ten traballadores. Dentro do plan labora da Xunta de Galicia
adxudicaronse tres prazas que darán servicio os nenos deste concello.
(A Voz de Galicia)
|
25-Novembro-2004.
O escritor Manuel
Blanco Rivas presenta o vindeiro sábado en Soutelo, dentro do Centro
etográfico e organizado por Verbo Xido, o libro de relatos “A Sombra
das acacias”, no que aparece frecuentemente esceas da Terra de
Montes. Na charla que se organizará tamén está previsto que
interveñan Carme Hermida, Carlos Loureiro, Xabier Camba e Carlos
Solla. (A Voz de
Galicia)
|
26-Novembro-2004.
O xuzgado nº 2 de
Pontevedra acolleu unha nova vista oral do contencioso entre os
veciños de Zobra e a Madalena polo monte chamado de Trascoco e
debesas doio Brixoi. Presentáronse testemuñas de amba-las dúas
partes e tamén técnicos cos seus respectivos informes.
(A Voz de Galicia)
|
22-Novembro-2004.
A Asociación de
comerciantes de Forcarei e Soutelo de Montes sorteará este nadal dez
vales por cen euros de valor e un por 500 euros entre os compradores
nos comercios destas dúas vilas. Dado que o ano pasado non se
apareceron varios dos ganadores, este ano cada participante deberá
dar o seu nome e un teléfono no cal contactar con el. Tamén se
espera organizar algún espectáculo de animación, como pode ser a
visita do Papá Noel ou dos reises a cada unha das vilas.
(A Voz de Galicia)
|
23-Novembro-2004.
O departamento de
asuntos sociais do Concello de Cerdedo ten aberto un local para a
recollida de xoguetes novos ou usados para o seu posterior reparto
entre as familias máis desfavorescidas do concello. Poderanse
entregar xoguetes hasta o vindeiro día tres de decembro.
(A Voz de Galicia)
|
16-Novembro-2004.
No Concello de Frocarei
seguen existindo dous proxectos de ADS para gando vacún, o que pon
en perigo a existencia de calquera delas. A primeira foi solicitada
polo gandeiro Jesús Rivas Tritiño e a segunda pola cooperativa
Coafor, da que tamén é socio este mismo veciño. Das 359 granxas do
concello, só unhas 25 están adscritas a algunha delas, pois todas
esperan que se produza a xuntanza definitiva. Para funcionar son
necesarias polo menos unhas oitenta.
(A Voz de Galicia)
|
18-Novembro-2004.
As declaración de
Antonio Louro, diputado provincial polo PSOE, volven a por en dubida
a construcción do AVE por Cerdedo, xa que só confirmou a existencia
dun orzamento de 100.000 euros para “Estudar as posibilidades de que
este trazado sexa levado a termino”.
(A Voz de Galicia)
|
15-Novembro-2004.
Inaugurouse onte o novo
hotel, ampliación do xa existente, do conventro de Aciveiro. O
presidente da Xunta, o Conselleiro de Cultura e outras autoridades
asistiron a un acto que inaugura a conversión da hospedería xa
existente nun hotel de luxo que rexentará Pousadas de Compostela. (A
Voz de Galicia)
|
15-Novembro-2004.
A Asociación de Amigos
da Terra de Montes reuneuse en Beariz e nomeou unha comisión que
negocie a cesión dos terreos que ocupou o Castro de Montes para
convertelos nuha zona de esparcemento e cultura. Os propietarios
poderían aceder a unha permuta dos terreos por outros de propiedade
municipal ou que puderan ser adquiridos.
(A Voz de Galicia)
|
2-Novembro-2004.
En
Aciveiro, dous ataques dos lobos causaron a morte a unha vaca e
feridas a outra en A Noveliza e unha cabra máis morta en A Rochela. Espérase
que a tempada de caza acabe con estes ataques a animáis domésticos
tan perto das aldeas. (A Voz de
Galicia)
|
4-Novembro-2004.
O presidente da Xunta de Galicia, Manuel
Fraga, inaugurará a remodelación do hotel do
mosteiro de
Aciveiro o vindeiro venres dia dez. Aparte dos discursos
políticos haberá actuacións musicais para abrir o novo
establecemento de "Pousadas de Compostela". (A Voz de
Galicia)
|
|
|
|