17-Novembro-2003.
O Concello de Forcarei acaba de solicitar a
súa inclusión na recen nacida Mancomunidade do Deza. Esto permite a
este organismo superar os 50.000 habitantes e ter así dereito a
novas axudas. Mentras tanto o Concello de Cerdedo ve difícil a súa
inclusión por ter máis cerca a Pontevedra, pero seguramente lle
gustaría poder entrar nunha mancomunidade propia dos dous concellos
co de Beariz. (A Voz de Galicia)
|
18-Novembro-2003.
Morre un obreiro da construcción nunha obra
de Forcarei. O traballador, veciño de Magros, en Beariz, caeu desde
un balcon dun segundo piso. (A Voz de Galicia)
|
10-Novembro-2003.
O Goberno municipal de Cerdedo quere subir
as taxas do lixo un 20% para financiar os novos gastos derivados de
trasladar este material á planta de Sogama, en Silleda. Por outra
banda, o goberno da nación informou ó diputado nacionalista
Guillerme Vázquez a da súa intención de levar a cabo a variante de
Cerdedo. (A Voz de Galicia)
|
13-Novembro-2003.
O Concello de Cerdedo conta con 90.000
euros da Consellería de Asuntos Sociais para levantar o edificio da
futura residencia para os maiores. Este contará con capacidade para
18 persoas. (A Voz de Galicia)
|
7-Novembro-2003.
Cerdedo celebrará o vindeiro domingo un
magosto e un baile popular no salón do colexio. Espérase que a
partir de xa, os bailes sexan cando menos un cada mes. (A Voz
de Galicia)
|
10-Novembro-2003.
O Muíño de Cotelo Maril pasará a ser
propiedade do Concello de Forcarei e convertirase nun Centro
etnográfico da auga, dentro da área recreativa que o circunda.
(A Voz de Galicia)
|
3-Novembro-2003.
Dúas empresas, (Construccións Opaín e
Logística Freixeira) ocuparán cinco parcelas no polígono de
Cachafeiro. Si houbese demanda, as leiras valeiras terán que ser
vendidas. (A Voz de Galicia)
|
4-Novembro-2003.
O obradoiro de emprego de Forcarei
recomenzou a restauración no Mosteiro de Aciveiro. Tamén neste
concello, a Diputación está a facer un estudo sobre a situación da
muller nesta bisbarra. (A Voz de Galicia)
|
2-Novembro-2003.
A Asociación "Verbo Xido" recordará a
catastrofe do Prestige e a invasión de Irak nun programa cultural a
desenrolar no Bar Avenida de Soutelo baixo o título "Terra de Montes
lembra". (A Voz de Galicia)
|
2-Novembro-2003.
Hoxe celébrase a Festa do Cogumelo en
Soutelo. Por catro euros poderase probar este producto con callos,
xabarín ou arroz. Tamén se poderán probar e mercar outros productos
da terra. Mentras tanto, en Cerdedo, celebraranse unhas
xornadas sobre micoloxía. (A Voz de Galicia)
|