|
20-Novembro-2002.
Xosé Caramés (Alcalde de Cerdedo) só ten
unha semán de prazo para por dacordo ós propietarios dos terreos
afectados pola mellora da ponte de Quireza. A Diputación só
realizará os traballos si todos estan dacordo. (Faro de Vigo)
|
22-Novembro-2002.
O Concello de Forcarei anda a promover
unha nova asociación de comerciantes e empresarios que sustituia a
xa existente "Asociación de Veciños e Comerciantes San Martiño", que
funciona máis ben pouco. A Nova asociacióncontará cos comercios e
empresas de todo o concello (Faro de Vigo)
|
|
11-Novembro-2002.
Xosé Raposeiras, natural de Presqueiras,
presenta un libro sobre da vida de Virxilio
Blanco, pintor da mesma parroquia, que marchou a Cuba, onde
desenrolou a sús vocación, para voltar á Terra de Montes e deixarnos
multitude de importantes obras. (La Voz de Galicia)
|
20-Novembro-2002.
Tacho Gonzalez será o pregoeiro da
vindeira Festa da Richada en Forcarei, que se celebrará o día 1 de
Decembro. Na carpa poderase degustar en cazolas de barro, pero en
todo-los restaurantes do concello ofrecerase este manxar por un
precio único. (A Voz de Galicia)
|
|
04-Novembro-2002.
A IV Festa do Cogumelo de Soutelo
foi un verdadeiro éxito. Axudada polo bó clima, repartíronse 1.200
racións de cogumelos (todas as preparadas) e o mercado de productos
da nosa terra estivo moi concurrido ó longo de toda a mañán. O
trofeo á cesta máis destacada levouno unha vez máis Luís Silva que
se fixo cos seus 240 euros. A Asociación de veciños Santa Barbara
foi a organizadora. (Faro de Vigo)
|
08-Novembro-2002.
O concello de Cerdedo pón en marcha a
recollida de obxectos voluminosos (Lavadoras, frigoificos, etc.)
cada segundo venres de mes, para que desaparezan os vertedeiros
ilegáis (Faro de Vigo)
|