|
30-Novembro-2001.
Perto de 6000 vehículos
circulan cada día pola N-541 o seu paso por Cerdedo entre os dous
sentidos da estrada, dos cales son camións entre un 35 e un 40%.
Este estudo foi feiro con vistas ó trazado da futura variante neste
lugar. (Faro de Vigo)
|
25-Novembro-2001.
A Asociacióm "Montes"
encargada de xestionar as axudas do "Plan Leader Plus"
para a comarca de Tabeirós-Terra de Montes xa ten na man varias
iniciativas, entre elas unha "Planta de reciclaxe de
biomasa". Esto consiste no aporveitamento da enerxía que se
xenera na queima de maleza. A maior parte das propostas son hasta
este momento referidas ó turismo rural ou ó cultivo de plantas
medicináis. (Faro de Vigo).
|
|
25-Novembro-2001.
O Concello de Cerdedo acordou
pechar o seu vertedeiro e comenzar as negociacións con SOGAMA para
e recollida do lixo na "Ecoplanta" de Silleda. Este acordo
xa foi asinado con anterioridade polos outros concellos da comarca.
Tamén se acordou por en marcha a "Ventanilla Única",
pola que os veciños poderán entregar calquer papel nunha única
oficina independentemente da entidade a quen vaia destinado.
(Faro de Vigo)
|
23-Novembro-2001.
O plan Leader de Tabeirós-Terra
de Montes deixará na comarca 7.310.854 euros (1216 millóns
de pesetas) dos que o 40% serán postos pola UE, o 20% polos
governos Central e autonómico, e o 40% restante debe prover da
iniciativa privada. (A Voz de Galicia)
|
|
21-Novembro-2001.
Gamesa pensa instalar un novo
parque eólico que se denominará Cabanelas entre os concellos de
Forcarei, Cerdedo e A Estrada. Este último concello viña pondo
moitos atrancos a estas instalacións e nestes intres non hai
ningún no seu territorio. (A Voz de Galicia)
|
21-Novembro-2001.
Cerdedo (42%) e Forcarei (40%) son
os dous concellos da zona que máis baixan o seu número de veciños
dende o censo de 1981 hasta o actual. A modo de exemplo, A Estrada
baixa un 19% mentras que Lalín sube un 7%. (A voz de Galicia)
|
|
14-Novembro-2001.
O Albergue de Sabucedo vai abrir
todo o ano como instalación turística e hosteleira, e non só
cando se están celebrando a festa da rapa. Esto xuntarase tamén co
Centro Hipico que se está rematado e que ofrecerá cursos e rotas a
cabalo. (A Voz de galicia)
|
14-Novembro-2001.
O primeiro domingo de Decembro
(día dous) é o elexido para a VIII
festa da Richada en Forcarei. Como nos derradeiros anos teremos unha carpa para a
degustación de pinchos e racións e tamén bandas de música, fogos
de artificio, etc. O concello pide ós restaurantes que colaboren
para que a festa medre, xa que favorece sobre todo á hostelería.
(A Voz de Galicia)
|
5-Novembro-2001.
A terceira Festa
do Cogumelo de Soutelo
de Montes xuntou nesta vila a máis de un milleiro de
persoas, que acudiron á carpa que se situou na Praza dos Gaiteiros.
Bo clima, bos pratos, e un acertado concurso de cestas que gañou
Fany Casas, fixeron que a festa fose a máis concurrida das
celebradas hasta esta data. (O
Correo Galego)
|
5-Novembro-2001.
A comisión da Rapa
das Bestas elixeu de
novo a César García Rivas como presidente, eso sí, por un solo
voto de diferencia con Luis Obelleiro. Os cinco veciños máis
votados formarán a nova xunta.(O
Correo Galego)
|