29-Novembro-2000.
O Grupo
parlamenterio do B.N.G. acaba de presentar unha proposta para que a
consellería de Cultura da Xunta e o Concello de Forcarei axuden a
manter o Centro Etnográfico da Terra de Montes,
creado en Soutelo po la familia de D.
Constantino González. O Grupo suxire a sinatura dun convenio de
colaboración que axude a manter e mellorar o museo. (O Correo Galego)
|
23-Novembro-2000.
Novamente, e
esta vez parece que en serio, aparece a posibilidade de levar a cabo a
construcción dun "Safari Park" na Terra de montes. O
propietario dos de Madrid, Elche e Sevilla está visitando os terreos
acompañado po los alcaldes de Forcarei e Cerdedo
e vendo a posibilidade de cesión por parte das comunidades de montes
dos pobos afectados, e de que lle concedan axudas as administracións.
Os veciños de Folgoso e Ventoxo
mostráronse dispostos a chegar a un acordo. Son necesarias arredor de
133 hectáreas situadas nestas parroquias, que serían cedidas ou
alquiladas por uns 30 anos. A reserva natural contaría con uns 700
animales de 70 ou 80 especies distintas, a inversión sería de uns
2500 millóns de pesetas, crearíanse uns 80 postos de traballo e espéranse
uns 300.000 visitantes cada ano por un precio aproximado de 1000
pesetas. (O Correo galego).
|
12-Novembro-2000.
O día 3 de
decembro celébrase en Forcarei a VII Festa
da Richada. O Concello comprometese a por a disposición dos
organizadores unha carpa de 1000 metros cadrados para que as
inclemencias do tempo propias da estación non estraguen a festa.
Aparte da actividade gastronómica, a festa contará con actuacións
de grupos folk da comarca. (Faro de Vigo)
|
8-Novembro-2000.
A semán está
reivindicativa naTerra de Montes. Os de Cerdedo xuntanse co resto dos
concellos afectados po lo encoro do Lérez e organizan festas
populares, concursos fotográficos e hasta unha baixada de rafting po
lo río para dar a coñecer o erro que suporía a obra. As aldeas de
Forcarei oponse os parques eólicos de Masgalán e Coco, contra Gamesa
recurrindo a todas as posibilidades legais para conquerir po lo
menos unha importante compensación económica po la súa instalación
e po lo paso das líneas. Por último, o concello de Beariz participa
na reivindicación dun hospital comarcal para O Caballiño, donde
dependen administrativamente. (M.C.)
|
3-Novembro-2000.
O domingo que
ven celébrase en Soutelo a festa "Festa do Cogumelo". Serán
máis de 50 kilos deste producto que se cociñarán en variadas
recetas. A festa acompáñase dunha feira de productos típicos da
bisbarra. (A Voz de Galicia)
|
3-Novembro-2000.
Por primeira
vez en varios anos, no colexio de Cerdedo aumentan os alumnos
matriculados. Pode que sexa unha circunstancia xa que a poboación
segue baixando, pero parece unha boa nova para esta terra. (A voz de
Galicia)
|