29-Marzo-2006.
Outro premio para Francisco Rozados "Rochi",
esta vez foi a undécima edición do Manuel Orestes que convoca o
Concello de Paradela (Lugo). Ó concurso presentáronse 67 obras e conta
con 600 euros en metálico de premio. A obre gañadora ten por título "Raiolas
bo faiado" e trata sobre a guerra civil. (A Voz de Galicia)
|
30-Marzo-2006.
As dúas reclamacións que estaban
pendentes para o inicio das obras de mellora do vial Folgoso-Forcarei
foron rexeitadas pola Diputación polo que estas obras xa poden
comenzar. Para esto contan con 33.000 euros de orzamento, dos que
15.000 xa foron gastados nos 8 kilómetros xa executados. (A Vos
de Galicia)
|
10-Marzo-2006.
Forcarei aprobará este mes, con
moito retraso, un orzamento municipal que se achegará ós tres millóns
de euros. Este retraso ven dado pola incertidume nas aportacións das
institucións dado o cambio que se dou no goberno da Xunta e o
replantexamento de moitos proxectos en todo-los municipios. O Concello
de Forcarei é un dos poucos que leva seis anos sin pedir un só
emprestito e reduce ano tras ano o seu endeudamento. (A Voz de
Galicia)
|
24-Marzo-2006.
O primeiro tanatorio que se inaugura
na Terra de Montes será en Cachafeiro (Forcarei). Conta con unha
superficie duns 500 metros cadrados, tres habitacións para velatorio e
outra para preparación dos defuntos. Aparte conta con aparcamento e
xardin hasta uns 8.000 metros. (A Voz de Galicia)
|
10-Marzo-2006.
Francisco Rozados "Rochi",
escritor, concelleiro de Forcarei e bo amigo destas páxinas, e o
ganador do segundo premio de narración curta "Anxel Fole"
convocado polo Concello de Lugo co relato "A Muller que non
comía" basado nunha lenda dunha muller que viveu en Millarada no
século XIX. Este é un máis nos premios que ven conquerindo este
escritor, cada vez máis recoñecido e que xa conta con unha entrada
propia na Biblioteca Virtual Galega (www.bvg.udc.es) (A Voz de Galicia)
|
12-Marzo-2006.
O Delegado provincial do Medio
Rural, Gonzalo Constenla quere implicar a varias consellerías da
Xunta no plan de actuación integral para a parroquia de Sabucedo.
Trátase de mellorar os viales, casas tradicionais, festa de interese
internacional, albergue, rutas de sendeirismo, muiños e outros
complementos que fagan que o visitante poida vir a Sabucedo calquer
día do ano e non só os da festa da Rapa.
(A Voz de Galicia)
|
1-Marzo-2006.
3500 metros de valado, 30.000 euros
de subvención e moito traballo impedirán ós cabalos de Sabucedo que
cheguen hasta a estrada e os cultivos privados. Esta obra estará
rematada a vindeira semán. (A Voz de Galicia)
|
2-Marzo-2006.
Despois da festa da vincha, a
vindeira que se celebre en Cerdedo será a do Porco Bravo, os días 29
e 30 de Abril. A volta deste animal ás nosas terras e a autorización
da súa caza en algunhas tempadas tamén ten as súas ventaxas e os
xavaríns (22 ven xelados hai dispostos para o seu consumo)
convertiranse nun exquisito prato. (A Voz de Galicia)
|