|
28-marzo-2005.
Canabal,
Sen dúbida o mellor futbolista que naceu na Terra de Montes,
anunciou a súa retirada con só trinta anos por mor dunha doenza
crónica nas costas que lle impide calquer práctica deportiva y
dificulta incluso a súa vida normal. O que se esperaba que fora
unha feliz volta ó Pontevedra remata antes de tempo de xeito ben
pouco agradable, tal como contou él nunha roda de prensa na que non
pudo parar as báguas. (Diario de Pontevedra)
|
28-marzo-2005.
Xesús Antonio Gulías, presidente da Asociación
de Amigos de Terra de Montes anda a desenrrolar un estudo
documental acerca da Torre fortaleza de Castro de Montes. Esta
edificacación, activa entre os anos 1178 e a súa destrucción
polos hirmandiños no 1476, foi sede dos Xuices-meriños e estaba
dentro dun recinto amurallado con vivenda e carcere. A torre medía
uns 18 metros, tiña pareces de pedra duns 170 cm. de gorsor e
almenas no cumio. A devandita asociación quere recuperar os terreos
para un uso público e como recordo deste simbolo pero aínda seguen
pertenecendo a diversos propietarios, entre eles a igrexa. (A
Voz de Galicia)
|
|
19-marzo-2005.
Outro incendio, esta vez en Pedre
(Cerdedo), queimou perto de mil hectáreas e afectou ós lugares de
Pedre, Vichocuntín, Deán e Vilar, onde tiveron que ser avisados
varios veciños por un posible desaloxo. (A Voz de Galicia)
|
20-marzo-2005.
A escenificación da paixón e o "desencravo"
serán os principais actos da semán santa en Cerdedo. Mentras, en
Forcarei, un viacrucis sairá desde Pereira e rematará o seu
percorrido no mosteiro de Aciveiro. (A Voz de Galicia)
|
|
17-marzo-2005.
Once ou doce nenos e a media dos que acuden
cada día á guardería de nenos de Cerdedo. Algúns permanecen solo
unhas horas. (A Voz de Galicia)
|
18-marzo-2005.
Un importante incendio asolou os montes de Quintillán
(Forcarei) e obrigou á intervención de todolos medios diponibles.
A importante sequía que padece todo galicia pode dar lugar a un
vran bastante duro neste tema. (A Voz de Galicia)
|
|
11-marzo-2005.
Unha muller, veciña de Vigo pero con
familia en Presqueiras, morreu en Aciveiro ó golpearse contra un
camión. (A Voz de galicia)
|
14-marzo-2005.
Forcarei solicitou á Diputación que
instale un telecentro con acceso a internet gratis para os veciños.
Podería estar instalado no centro social. Por outra banda, en
Cerdedo organízase un homenaxe ó que foi alcalde Jorge Caramés.
Poderán acudir todo-los veciños e costará 25 euros. (A Voz
de Galicia)
|
|
10-marzo-2005.
Pontemaril acollerá este verán un
campamento de ingles para nenos de 11 a 13 anos con profesores
nativos. Será entre o 1 e o 15 de Xullo e contarán con dez
profesores procedentes do Canadá. (A Voz de Galicia)
|
10-marzo-2005.
O Concello de Forcarei solicitou á Xunta
axuda para a mellora da depuradora de Cachafeiro e do saneamento das
aldeas de Vilar, Vilariño e Garellas. (A Voz de Galicia)
|
|
10-marzo-2005.
O alcalde de Cerdedo falou co
vicepresidente da Xunta, Sr. Nuñez Feijoo, das necesidades do
concello, entre elas as novas vivendas sociais e da mellora na
urbanización de tres das rúas da capitalidade. As vivendas serán
dez nunha primeira tanda e hasta vintecinco noutras posteriores,
Serían vivendas unifamiliares, en forma de adosados. (A Voz de Galicia)
|
10-marzo-2005.
Escalada e paintball serán dúas das
actividade de "Forcaventura", o programa de actividades
para a semán santa en Forcarei. A participación en toda-las
actividades costará 20 euros e hai un total de 25 prazas
disponibles (A Voz de Galicia)
|
|
7-marzo-2005.
A traída de augas de Ventoxo
(Forcarei) está rexida por unha xunta de usuarios como outras
moitas desta bisbarra porque forn os veciños e non os concellos os
que fixeron a instalación e así evitan o pago dunha cota mensual.
Esta xunta quere construir un novo depósito que lle de mellor
servicio ós trinta fogares do lugar. (A Voz de Galicia)
|
7-marzo-2005.
3.344 son os alumnos da escola primaria,
infantil e secundaria nos concellos de Tabeirós-Terra de Montes, 32
menos que o ano pasado. Curiosamente medran na educación infantil onde
en Forcarei pasa de 57 a 65 nenos mentras que en Cerdedo baixan de
11 a 8. Na ESO baixan todo-los concellos (Cinco alumnos menos en
Forcarei). (A Voz de Galicia)
|
|
4-marzo-2005.
A Consellería de Xuventude acaba de sacar
a concurso as obras dun novo edificio no campamento de Pontemaril (Forcarei)
que permitirá o seu uso durante o inverno. Serán 120.000 euros que
aportarán 42 prazas baixo teito que se suman ás 200 en tendas e
bungalows (A
Voz de Galicia)
|
7-marzo-2005.
A Asociación de mulleres de Cerdedo "Espadela"
ten programado unha charla para o día da muller traballadora co
tema da escravitude da muller ó seu físico. Será o vindeiro
sábado ás 20 horas e falará dos canones de beleza femininos e as
súas consecuencias (Anorexia, bulimia, etc.) (A Voz de Galicia)
|
|
2-marzo-2005.
O Concello de Cerdedo solicitou á
Consellería de Xustiza unha subvención de 30.000 euros para
convertir o edificio que foi da Cámara Agraria en oficina para
asuntos do rural. Tamén firmou un convenio de colaboración co
Pontevedra Club de Fútbol para que os rapaces poidan acudir ó
estadio de Pasarón sin pago da entrada. (A Voz de Galicia)
|
3-marzo-2005.
A Consellería de Industria investirá
110.000 euros en mellorar a instalación eléctrica na parroquia de
Aciveiro. Os veciños sofren continuas caidas de tensión cando o
consumo é máximo, como ás horas en que se muxen as vacas. Esta
repación afectará ós lugares de Forno, O Cotiño, Villaverde e A
Cruz. (A Voz
de Galicia)
|
|
1-marzo-2005.
Raposeiras e Balseiros, alcaldes
respectivamente de Forcarei e Cerdedo, negocian coa Conselleiría de
Industria da Xunta de Galicia o apoio desta ó novo macropolígono,
para o que xa obtiveron o da diputación provincial.
Tamén queren mellorar a instalación eléctrica dos concellos coa
construcción dunha nova subestación de Fenosa. (A Voz de Galicia)
|
1-marzo-2005.
Cerdedo quere que todas as suas igrexas e
cemiterios teñan luz de noite e para eso ten solicitada unha
subvención. Hai igrexas románicas como a de Tomonde e Quireza que
merecen este traballo polo seu interese artístico. (A Voz de Galicia)
|