|
25-Marzo-2004.
O Concello de Cerdedo ofrece tres leiras
para a ubicación das vivendas sociais que se queren levantar na
capitalidade do concello. Espérase que sexan vinte, e tense proposto
que sexan "chaléts adosados" en lugar de casas de varias alturas.
(A Voz de Galicia)
|
|
|
16-Marzo-2004.
O alcalde de Cerdedo anunciou que recurrirá
no TSXG o deslinde con Cotobade elaborado pola Xunta e que perxudica
ós veciños da parroquia de Pedre fronte a de Sta. María de Sacos. A
Xunta dou como válido o deslinde do ano 1939. O mismo caso existe
entre Cerdedo e Forcarei e entre Forcarei e Lalín (A Voz de Galicia)
|
20-Marzo-2004.
A Asociación "Espadela", organizadora da "Festa
da Vincha" convoca para o vindeiro sábado día 27 unha reunión para
facer balance da derradeira edición e estudiar a promoción das
vindeiras. (A Voz de Galicia)
|
|
14-Marzo-2004.
Resultado
das eleccións xeráis na Terra de Montes:
Municipio
P. P.
P.S.O.E.
B.N.G.
E. U.
Forcarei
1.925 (64,7%) 799 (26,9%)
230 (7,7%) 11 (0,37%)
Cerdedo
654 (52,3%)
435 (34,8%) 116 (9,3%)
8 (0,64%)
Beariz
766 (89,4%)
53 (6,2%) 19
(2,2%) 2 (0,2%)
(Correo Galego)
|
15-Marzo-2004.
Dos resultados de onte nas eleccións xerais
pódese sacar que o PP no resultou moi desgastado na Terra de Montes,
ó contrario dos resultados en España enteira. O PSOE sube
apreciablemente, pero máis a costa dos nacionalistas do BNG que da
dereita.
Cerdedo é o segundo concello de Galicia con máis abstención (43,34
%) (M.C.)
|
|
11-Marzo-2004.
A asociación de comerciantes de Forcarei (ACEF)
inicia hoxe un curso de ventas, publicidade e promoción comercial na
casa da xuventude. O curso terá unha duración de corenta horas.
(A Voz de Galicia)
|
13-Marzo-2004.
Os cabalos do Santo, en Sabucedo, parece
que van a quedarse sin a valla que prometeu o anterior Conselleiro
de Política Territorial. Parece ser que os actuais xestores pensan
que esta non é a solución, xa que o muro que actualmente está
levantado aparece sempre tirado por algunha veira. A Asociación
conta con un seguro pero nestes intres tampouco ten vixiante, xa que
o que existía topou outro traballo e deixo este. (A Voz de
Galicia)
|
|
8-Marzo-2004.
O Alcalde de Cerdedo, Jorge Caramés,
confirmou que a variante da N-541 seguirá o trazado Norte, como
querian case todos no concello. (A Voz de Galicia)
|
8-Marzo-2004.
A cooperativa Servipor inaugura o seu
centro de porcino en Forcarei, contando con 22 porcos con capacidade
para a inseminación de 10.000 femias cada ano. Os sementais proceden
de Cataluña e Francia e o prezo de cada dose estará entre 2,5 e 5
euros (A Voz de Galicia)
|
|
3-Marzo-2004.
O concello de Cerdedo tén un contencioso co
de Campolameiro por un terreo que sempre foi considerado como da
parroquia de Pedre, pero que a Dirección Xeral de Administración
Local doulle a razón ó de Campolameiro (A Voz de Galicia)
|
5-Marzo-2004.
O Concello de Beariz tamén está en fase de
redacción do PXOM e neste medio acordou ceder terreos para unha
futura construcción de vivendas de protección autonómica (A Voz de
Galicia)
|
|
1-Marzo-2004.
O Concello de
Forcarei acordou solicitar que o trazado do AVE sexa pola veira
sur da estrada N-541 o que daría lugar a un impacto máis pequeno na
bisbarra. Desta maneira evitaríase a Serra de Candán e
pediríase protección especial para o río Castro e a fortaleza do
Castro de Montes. (A Voz de Galicia)
|
2-Marzo-2004.
A parroquia de Zobra é unha das máis
afectadas polas interferencias dos aeroxeneradores na señal de
televisión. Os problemas afectan principalmente á televisión de
Galicia e a Antena 3. (A Voz de Galicia)
|